A Xunta de Galicia convoca bolsas de estudos para estudiar idiomas en países extranxeiros.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo de solicitude remata o 14 de marzo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0534-101218-0002_es.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario