martes, 19 de febreiro de 2019

FORMACIÓN ORGANIZADA POLO VICEDO E A ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS

OBRADOIRO ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO EN COLABORACIÓN COA ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS

CONTIDO: Alzheimer e outras demencias: Definición e clasificación. Síntomas e condutas. Evolución e tratamento. Pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.

OBXECTIVOS: Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

DESTINATARIOS: Pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: Día 18 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.

PERIODO DE INSCRICIÓN: Ata o 18/03/2019. Pincha no seguinte enlace para inscribirte: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario