venres, 8 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO. AS PONTES-ALMERÍA

Posto: Profesional Mantemento CT As Pontes e Almería
Seleccionamos para Endesa dous Profesionais de Operación e Mantemento para a Central Térmica das Pontes e un Profesional de Operación e Mantemento para a Central Térmica de Almería. 

O contrato realizarase en prácticas, por un período de 6 meses que corresponderán a formación na central indicada. Tras estes meses de formación, poderás formar parte dunha bolsa de candidatos para cubrir necesidades que poidan xurdir tanto na central "de orixe", como noutras próximas ou da mesma tecnoloxía (Carbón e/ou Ciclo combinado). 

O horario de traballo será a quenda pechada (quendas rotativas de mañá de 06:00 a 14:00 horas; de tarde de 14:00 a 22:00 horas e de noite de 22:00 a 06:00 horas)

Formación Profesional de Grao Medio ou Superior en Electricidade e Electrónica ou en Mantemento e Servizos á Produción (con data de finalización posterior ao ano 2015).

Dispoñibilidade para realizar un contrato en prácticas, de duración determinada e mobilidade xeográfica. (Non confundir con bolsa ou prácticas de estudos)

Valorarase positivamente formación adicional en Prevención de Riscos Laborais nivel básico e en sistemas de xestión ambiental, da calidade e da prevención laboral.
ENLACE A OFERTA EN INFOJOBS 👇

Ningún comentario:

Publicar un comentario