luns, 4 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. PROGRAMA TECENDO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Deputación Provincial de Lugo. Bases para a selección das persoas candidatas do programa TECENDO EMPREGO https://bit.ly/2HSYor4

Os postos ofertas están na páxina web da Axencia de colocación de Lugo, son moitos e con moita variedade. Destacan os postos de carácter social. Rexistrándose na páxina da Axencia de Colocación de Lugo, xa pode un inscribirse nas ofertas. OLLO! É necesario estar no parado ou en situación de mellora de emprego.

A finalidade desta fase é a de seleccionar aos candidatos desempregados solicitados polas entidades para acadar os obxectivos do programa, que é a incorporación ó mercado de traballo de desempregados e dotar ás entidades beneficiarias de capital humano cualificado para xerar un crecemento da economía e do emprego, a través desta convocatoria pública que rexerá as condicións para a selección dos candidatos na provincia de Lugo, tendo en conta as 3 liñas de emprego:
Liña Novel: dirixida a mozos recen titulados/as dentro do ámbito da universidade ou da formación profesional, para adquisición de habilidades e capacidades laborais, así como promover o seu desenvolvemento persoal e social dentro da súa área de formación, e así acadar a experiencia profesional que tanto frea a integración no ámbito laboral, e de forma transversal promover unha conciencia de corresponsabilidade social, sen experiencia e ata 35 anos .
Liña Senior: dirixida a parados, de 30 a 50 anos.
Liña Veterano: dirixida a parados, dentro da súa última fase activa (maiores de 50 anos) a piques de pechar a súa etapa profesional.

Bases do programa e listaxe de perfís: https://bit.ly/2MM7tkc

Axencia de Colocación: https://bit.ly/2Ke9K6p



Ningún comentario:

Publicar un comentario