O TEU PRIMEIRO TRABALLO EURES
. Tes unha idade entre 18 e 35 anos?
. Desexas trasladarte a outro Estado membro da UE, Noruega ou Islandia para un traballo, unha bolsa de formación ou un período de aprendizaxe?
O Teu Primeiro Traballo EURES é un programa de mobilidade laboral da UE que axuda ás empresas a atopar man de obra cualificada. O seu obxectivo é atopar ofertas de traballo remunerado na UE para quen busca emprego. Os postos ofrecidos deberán ter unha duración mínima de 6 meses (para traballos e períodos de aprendizaxe) e de 3 meses (para bolsas de formación).
A través deste programa poderase:
- recibir información
- buscar un emprego e
- recibir asistencia sobre as ofertas e a contratación.
Tamén terás dereito a recibir axuda económica para asistir a unha entrevista de traballo no estranxeiro, así coma para axudarche na aprendizaxe dun idioma, o recoñecemento de diplomas e cualificacións ou a instalación no país de destiño.
Necesitas diplomas ou determiñadas cualificacións?
Este programa está aberto a persoas candidatas con niveis diferentes de formación e/ou experiencia no traballo.
Como podes participar?
Tes unha guía do Teu Primeiro Traballo EURES que establece as condicións e regras que rixen a participación.
Na llgazón seguinte atoparás toda a información así como o acceso aos principais servizos de emprego e os seus servizos asociados que participan neste programa.
Enlace a bolsa e a máis información 👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario