Escola Galega de Administración Pública. Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.
A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro do ano 2012.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR770F). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de xaneiro ata o 25 de febreiro.
https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2958
Ningún comentario:
Publicar un comentario