mércores, 29 de maio de 2019

BOLSAS DE FORMACIÓN EN LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

27 Mai 2019

A Consellería de Cultura e Turismo convoca 5 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:



O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección do responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con este.

O programa de formación terá unha duración máxima de 3 anos.
A data prevista de incorporación será o 1 de outubro de 2019, en todas as prazas, agás no caso da praza localizada en Brasil que será o 1 de xaneiro de 2020. As datas de remate serán, en todo caso, o 30 de setembro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, respectivamente..
O importe íntegro mensual das bolsas é 1.277,12 €.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

Poderá solicitar as prazas localizadas en Alemaña, Italia e Croacia quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xuño de 2019.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E
Máis información no DOG do 27 de maio de 2019 e en http://www.xunta.es/linguagalega

Ningún comentario:

Publicar un comentario