luns, 23 de setembro de 2019

CURSOS DE FORMACIÓN. INCENDIOS FORESTAIS. XUNTA DE GALICIA

Convocatoria dos cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia

20/09/2019|DOG

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matricula.

Cursos convocados
Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada.
Curso de incendios forestais: categoría condutor/a de motobomba.
Curso de incendios forestais: categoría de emisorista.
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de base.
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de brigada helitransportada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario