mércores, 13 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. NARÓN

CONVOCATORIA DO CONCELLO DE NARÓN PARA PROVER VARIAS PRAZAS

  1. TRABALLADOR/A SOCIAL
  2. AUXILIAR ADMINISTRATIVO
  3. CONSERXE TURNO DISCAPACIDADE

Convocatoria: https://bit.ly/2NXtvBe
Solicitudes: prazo ata o 1 de abril

PROCESOS SELECTIVOS XUNTA DE GALICIA

205 prazas de subalterno da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para 205 prazas da agrupación profesional de persoal funcionario subalterno.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de abril de 2019.
As solicitudes deben tramitarse en https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2019 en https://www.xunta.gal/funcion-publica/


Ordenanzas da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para 3 prazas da categoría de ordenanza de persoal laboral fixo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de abril de 2019.
As solicitudes deben tramitarse en https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
Máis información no DOG do 11 de marzo de 2019 en https://www.xunta.gal/funcion-publica/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XERMADE

¡¡¡¡¡¡BASES PARA A FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO DE PEÓNS DE PROTECCIÓN E MANTEMENTO DOS ESPAZOS NATURAIS NO CONCELLO DE XERMADE!!!!!!

Convocatoria: https://bit.ly/2TMj3ly
Solicitudes: prazo ata o 14 de marzo

CURSO DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS LUGO


Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) está a organizar o Curso ‘Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor’ (edición Lugo), co apoio da Fundación Biodiversidad a través do programa EmpleaVerde, que terá lugar do 18 de marzo ao 12 de abril na Escola Politécnica Superior de Lugo. (CURSO PRESENCIAL)

A actividade, dirixida a desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia, pretende facilitar o coñecemento do patrimonio natural e cultural das diferentes Reservas de Biosfera galegas, capacitar na adquisición de ferramentas básicas de educación e interpretación ambiental para a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais, así como dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e a creación do emprego verde.

A inscrición é gratuíta pero as prazas son limitadas.


PARA consultar o programa completo e realizar a inscrición en:
http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/emprego-verde-nas-reservas-de-biosfera-recursos-do-territorio-e-ferramentas-para-a-0



OFERTA EMPREGO PÚBLICA. FOZ

Oferta de emprego: EMPREGADO/A DE FOGAR

Centro de traballo: Foz (Lugo).

Necesítase un empregado/a para o coidado dunha persoa no seu propio domicilio, durante un mes (desde o 27 de marzo ao 27 de abril de 2019).

Soldo segundo normativa vixente.

Se estás interesado nesta vacante envíanos o teu CV ao email: laboral1@3 aconsult. com

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. AS PONTES

Concello das Pontes de Gª. Rodríguez.- Convocatoria para a selección de

1 TÉCNICO/A DE PROSPECCIÓN E INSERCIÓN LABORAL

Prazo de presentación de instancias: ata o 20 de marzo de 2019

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/03/12/2019_0000001830.pdf?fbclid=IwAR0jpSe2FlP7zCibkQrs3M3IQbIPdngErSNPkDkjZKPo5_Gnshy2HqJ5dOo

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO




OFERTA FORMADOR/A

Seleccionamos profesional con titulación de Enfermaría ou Auxiliar de Enfermaría, con experiencia profesional ou formación en Saúde Mental e docencia ocupacional, para curso de AUXILIAR DE PSIQUIATRÍA, do 6 de maio ao 12 de agosto, en horario de tarde - tres horas, de luns a venres - no Centro Penal de Monterroso (Lugo).


Valórase: Experiencia docente.


Recepción de CV ata as 14:00 horas do 25 de marzo, exclusivamente via email: itinere@fundacionerguete.org

NOVEDADES BOE. SUBSIDIO POR DESEMPREGO DE MAIORES DE 52 ANOS

O BOE publica hoxe, 12 de marzo de 2019, entre outras cuestións, a recuperación do SUBSIDO POR DESEMPREGO DE MAIORES DE 52 ANOS.
Real Decreto-lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

OFERTA DE EMPREGO LIMPADOR/A XORNADA PARCIAL

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición iniciase mañá día 8 de marzo e remata ás 9:30 horas do próximo día 18 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

SELECCIÓN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO PARA CUBRIR VACACIÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunhaAUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (para cubrir vacacións).

O prazo de inscrición iniciase o día 7 de marzo e remata o próximo día 14 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 15 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

luns, 11 de marzo de 2019

PLANTILLAS CURRICULUM VITAE

Na seguinte páxina web poderedes atopar plantillas para descargar de curriculums, mais modernos e mais visuais. Recursos para mellorar a nosa empregabilidade.

👇
https://orientacion-laboral.infojobs.net/plantillas-de-curriculum-gratuitas?fbclid=IwAR26OTdyzMhkO271aIh4Rom4fmd-f5g42fp_MsHgDy_YDwLz_BWEuNQuevA

CURSO CELGA 3 EN LIÑA


O curso Celga 3 en liña que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha por primeira vez en 2019 vénse sumar aos cursos a distancia preparatorios para as probas de nivel Celga 1 e Celga 4 xa existentes, co fin de facilitar o acceso á formación en lingua galega da poboación adulta sexa cal for o lugar onde viva e a ocupación e horario que teña


Os obxectivos e contidos do curso Celga 3 en liña correspóndense cos do nivel B2 do Marco europeo común de referencia para as linguas. Para alcanzar este nivel, o curso emprega textos, vídeos e audios en diferentes tipos de actividades prácticas, de acordo coa pedagoxía construtivista social que o guía e que implica a colaboración, o papel activo do discente e a reflexión crítica.


A través dunha interface de navegación sinxela, lixeira, eficiente e intuitiva, o alumnado accede a unha das 8 unides do curso, cada unha delas dividida en catro bloques:
Comprender
Explorar e reflectir
Practicar e comunicar
Viaxar

Nestes bloques, o alumnado atopará actividades tipo consulta, tarefa, diálogo, chat, foro, glosario, wiki, cuestionario ou reunión, entre outras posibilidades.


As unidades, organizadas arredor dunha tarefa principal, son as seguintes:
Unidade 1: De deseño. Trabállase sobre o deseño un obxecto que solucione un problema da vida cotiá
Unidade 2: Misterios e enigmas. Xira arredor dun debate entre esotéricos e científicos.
Unidade 3: Boas novas. O curso convértese na redacción dun medio de comunicación.
Unidade 4: Eu faríao se... Cómpre decidir que compañeiros poden participar nun reality show.
Unidade 5: E que che dixo? O alumno ou alumna terá que tomar partido nun conflito entre dúas persoas.
Unidade 6: Só ou acompañado? Nesta unidade, determinaranse as calidades da parella ideal de cadaquén.
Unidade 7: Como non o sabía... O alumnado deberá xulgar algunhas decisións e as súas consecuencias.
Unidade 8: Escollas O curso péchase cunha unidade centrada nas consecuencias das escollas na nosa vida.
Facilidades para o profesorado

O curso Celga 3 en liña presenta diferentes funcionalidades que lle facilitan a cada titor ou titora a edición e a adaptación a diferentes formatos organizativos. En canto á avaliación, crea un rexistro completo dos accesos de cada usuario e dispón de informes da actividade de cada estudante, con gráficos e detalles sobre o seu paso por cada módulo (último acceso, número de veces que o leu...) así como tamén unha detallada historia da participación de cada estudante, incluíndo mensaxes enviadas, entre outras funcionalidades. En todo caso, o profesorado ten a capacidade de definir as súas propias escalas para cualificar.

Os cursos pódense empaquetar nun único ficheiro zip utilizando a función Copia de seguridade, de maneira que a dita copia poida ser restaurada en calquera servidor.
Requisitos técnicos para acceder ao curso


As persoas que desexen participar nun destes cursos de teleformación deben dispoñer do seguinte equipamento informático:
Un ordenador con conexión a Internet
Conta de correo electrónico (que deberá coincidir coa sinalada na solicitude de participación)
Micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz
Ligazóns relacionadas 


Plataforma de teleformación. Acceso ao curso
Convocatoria de cursos 2019
Plan de formación en lingua galega 2019


OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES

Necesitase para colocación de bloques de formigón, oficial de 2ª ou de 1ª da construcción.

Imprescindible curso en altura de 6 horas e curso PRL de 60 hroas da construcción ou equivalentes. 

CONTACTO:
reformasedirte@gmail.com
Teléfono: 605275606
Eduardo

mércores, 6 de marzo de 2019

BOLSA APRENDIZ OBRADOIRO DE ARTESANÍA

Formación de aprendices en obradoiros artesáns 27 Feb 2019

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices durante un período máximo de 12 meses.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN201K
Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2019 e en http://artesaniadegalicia.xunta.gal

Formación de aprendices en obradoiros artesáns

OFERTA EMPREGO PÚBLICO ULTIMA HORA!!!!!

OFERTA EMPREGO PEÓN RECOLLIDA DE LIXO

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun/dunha peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de marzo de 2019.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 25 de febreiro de 2019, ata o día 06 de marzo de 2019. A selección realizaráse o próximo día 07 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

CURSO OFRECIDO POLO CONCELLO DE O VICEDO

CURSO USO SEGURO DO MEDICAMENTO-MOVILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo

DATA E HORA: 22/04/2019, de 16:30 a 20:30 h.

DIRIXIDO A: Pacientes, familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral
ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO XUNTO COA CONSELLERÍA DE SANIDADE. ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS.

PARA INSCRIBIRSE PODEN CONTACTAR COA AEDL DO CONCELLO DO VICEDO OU FACELO DIRECTAMENTE NO SEGUINTE ENLACE:https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

COMPETENCIAS CLAVE

Consellería de Economía, Emprego e Industria. 
Convocatoria de probas de avaliación en COMPETENCIAS CLAVE para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación https://bit.ly/2GVFPkN

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA. XUNTA DE GALICIA

A Xunta convoca procesos selectivos, entre os que destacamos os do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.   
Resultado de imagen de bombeiro forestal   

Consellería de Facenda. Convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

-Escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal https://bit.ly/2Xzkgvm   


-Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo,especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial https://bit.ly/2TiNNLz


- Escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia https://bit.ly/2SGZiXR

-Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada https://bit.ly/2tR2oP8

-Escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia https://www.xunta.gal/…/2019…/AnuncioCA01-280219-0001_gl.pdf

Prazo de presentación de instancias: 20 días hábiles dende a publicación no DOG (4 de marzo), polo tanto o último día para presentarse a estes procesos é o luns 1 de abril.

venres, 1 de marzo de 2019

OFERTAS SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO


OFERTAS SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO. 1.03.2019



ASISTENTES DOMICILIARIOS. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/1943
DETALLES: DESEMPREGADO/A CARNÉ CONDUCIR B CONTRATO A TEMPO PARCIAL
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


PERSOAL DE LIMPEZA OU LIMPADOR , EN XERAL. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2032
DETALLES: CARNÉ CONDUCIR TIPO B
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


DEPENDENTES DE COMERCIO, EN XERAL. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2056
DETALLES: QUE TEÑA MINUSVALÍA RECOÑECIDA.- REQUISITO INDISPENSABLE
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


TÉCNICOS EN CONTROL DE CALIDADE, EN XERAL. AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2071
DETALLES: Técnico/a de calidade con coñecementos en soldadura, tratamentos térmicos, ensaios non destrutivos, probas hidráulicas, dossieres fiscais. Inglés nivel medio.
MEDIO DE CONTACTO: 012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

PINTORES E/OU EMPAPELADORES. VILALBA
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2079
DETALLES: 12 MESES EXPERIENCIA CARNÉ CONDUCIR B
MEDIO DE CONTACTO:
Teléfono : 982828911
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.


ENXEÑEIROS EN MECÁNICA INDUSTRIAL. AS PONTES
IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/2067
DETALLES: Enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a en mecánica que obtiveran a titulación dentro dos 5 últimos anos. Ofrécese contrato en prácticas.
MEDIO DE CONTACTO: 012
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.