xoves, 9 de xullo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. LUGO

Concello de Lugo. Convocatoria para a selección de 

2 OFICIAIS VIXIANTES/AS RECADADORES/AS

🔗 https://bit.ly/38xR4uF

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Están na sección de #EMPREGO da web de #Muras as bases de selección de:

4 Péons forestais 
1 Xefe de Brigada

Prazo: 5 días hábiles dende a súa publicació no BOP de Lugo (está pendente).
👉 https://cutt.ly/To35sSt

luns, 6 de xullo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XERMADE

Emprego Concello de Xermade Convocatoria do proceso selectivo para crear #Bolsa de #Traballo cubrir prazas de brigada de prevención de incendios

📌 3 Peóns
📌 1 Xefes
📌 1 Peóns condutor
📌 Oposición
+ info 👉 bit.ly/2O09qLq

venres, 3 de xullo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. CABANAS

Concello de Cabanas. Convocatoria para selección de 10 PEÓNS DE LIMPEZA DAS PRAIAS

🔗 https://bit.ly/3igUMxj

La plantilla de limpieza de playas también se plantea ir a la ...

CONSULTA O ESTADO DA TUA PRESTACIÓN

📣 Novo método de consulta do estado da prestación no SEPE ⏩⏩ Co número de DNI e do móbil obterás un código PIN para poder consultala no momento.
👀👉 https://bit.ly/2C24y5v

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Oferta de emprego limpadora para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, coa xornada das persoas as que sustitúe, desde o próximo día 17 de xullo ata o 18 de agosto de 2019.

O prazo de inscrición será do día 29 de xuño ao 8 de xullo, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 9 de xullo ás 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

AXUDAS DEPUTACIÓN LUGO CONTRATACIÓN

Axudas contratación e autoemprego para concellos rurais da Excma. Deputación Provincial de Lugo

No Bop de Lugo de hoxe convócanse axudas por parte da Excelentísima Deputación de Lugo para:

- Fomento da cultura emprendedora: subvencionando o autoempleo no rural como traballador autónomo ou como socios nunha cooperativa, sociedade laboral...

- Axudas contratación mozos/-as inscritas no sistema de garantía xuvenil, para empresas localizadas en concellos rurais.

As axudas vanse concedendo por orde de entrada

No seguinte enlace pode acceder a convocatoria:

http://www.deputacionlugo.gal/es/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/bop

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Bases selección dous/dúas Técnicos de educación infantil para o Punto de Atención á Infancia. Curso escolar 2020/2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS/DÚAS TÉCNICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2020/2021, desde o próximo día 1 de setembro de 2020, si a situación sanitaria o permite, e ata o día 31 de agosto de 2021.

Poder consultar as bases e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de solicitude é de 10 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo. Cando se publique e polo tanto se abra o prazo, anunciarase novamente nesta páxina. Publicado hoxe 3.07.2020, polo cal o prazo remata o 13.07.2020

martes, 30 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Concello de Muras. Convocatoria para a contratación do seguinte persoal:

-1 Educador/a Social
🔗https://bit.ly/2V6OyG7
-1 Xardineiro/a
🔗 https://bit.ly/3epggWb

Prazo ata o 1 de xullo.

FORMACIÓN DIXITAL

O #SEPE e a Fundación Estatal para a Formación no Emprego (#Fundae), dentro do programa DIGITALÍZATE ofertan formación gratuíta en competencias dixitais

🔗https://bit.ly/319fPfc

BOLSAS FORMATE

La imagen puede contener: texto
Ministerio de Cultura e Deporte. Convocadas as bolsas #FormARTE para o ano 2020:

➡️Conservación e Restauración de Bens Culturais. 11 bolsas.

➡️Museoloxía. 15 bolsas.

➡️Biblioteconomía e Documentación. 11 bolsas.

Especialidade de Fondo Moderno: 8 bolsas
Especialidade de Fondo Antigo: 3 bolsas

➡️Arquivística. 15 bolsas

➡️Xestión Cultural. 20 bolsas.

➡️Artes Plásticas e Fotografía. 2 bolsas.

Especialidade de Artes Plásticas: 1 bolsa.
Especialidade de Fotografía: 1 bolsa.

👉 https://bit.ly/2B7U2tz

venres, 19 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS!!!!

👀 Concello de Muras. Bases de selección para a contratación laboral temporal de;

-1 Administrativo/a
-2 Peóns forestais

Prazo ata o 26 de Xuño

sábado, 13 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Empresa limpiezas Novoa S.L

Necesita xente para traballar como LIMPIADOR/A nas seguintes oficinas:

-Sarria
-Vilalba
-Monforte de Lemos
-Chantada

Comezamos o 1 de xullo
Salario por convenio de limpieza

Envíen CV a: limpiezasnovoa@limpiezasnovos.com
Non se atende ao teléfono, nosoutros os chamamos para concretar as entrevistas.

venres, 12 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Selección dun/dunha animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2020

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2020 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 09 de xuño e remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 22 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO

Oferta de emprego para a contratación de tres vixiantes/controladores para a zona de "Fuciño do Porco"

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de tres vixiantes/controladores para a zona de “Fuciño do Porco”, co fin de garantizar que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en relación coa situación de emerxencia sanitaria por mor do COVID, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2020.


O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 12 de xuño e remata o próximo día 22 de xuño de 2020. Realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2020, a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Se busca socorrista para piscina en zona Terra Chá. Contrato del 01 de julio al 15 de septiembre. Turnos rotativos. Se requiere titulación.

Se busca monitor de natación para piscina en zona Terra Chá. Horario de lunes a viernes de 12:00 a 13:00 horas. Contrato del 01 de julio al 15 de septiembre. Interesados enviar currículum a info@galwy.com


INFORMES DA OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO DE GALICIA

Xa están dispoñibles a través da oficina virtual de Emprego Galicia, para as persoas demandantes inscritas, o servizo de obtención de calquera informe sobre a demanda de emprego.

Estes informes son:
👉 Informe de períodos de inscrición.
👉 Informe de mobilidade xeográfica
👉 Informe de inscrición sen rexeitamentos
👉 Informe acreditativo da condición de demandante de emprego

💻 Os documentos están asinados dixitalmente e pode verificarse a súa autenticidade.

ℹ️ O acceso á oficina virtual do Portal de Emprego Galicia pode realizarse por DNI-e, certificado electrónico ou usuario e contrasinal. As persoas demandantes poden xerar ou resetear o dito contrasinal na mesma oficina virtual a través do correo electrónico asociado á súa demanda.

👇
🌐 https://lnkd.in/ga5MN4x

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

xoves, 11 de xuño de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

1 AUXILIAR DE FOGAR. XORNADA PARCIAL (75 %)

Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de fogar a xornada parcial (75 %) mediante contrato de interinidade

Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal de interinidade.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 12 ao 17 de xuño de 2020 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol através do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO-FOZ-RIBADEO

O grupo A Quinta busca entre 20 e 25 persoas para os seus establecementos en Ribadeo, Foz e Viveiro.
Teléfono: 982 82 61 20 (Viveiro)


La Quinta Restaurantes Asador en Foz, Viveiro, Ribadeo, Avilés

martes, 9 de xuño de 2020

PAQUETES DE FORMACIÓN DIXITAL

Paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas
Paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas
09 Xun 2020

A iniciativa, enmarcada no Plan de reactivación económica, inclúe un programa dirixido a autónomos, unha iniciativa para formadores e docentes, outra para a mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego e un ciclo de obradoiros dixitais.

Autónomos dixitais, é un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos. As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. O último curso comezará o 23 de xullo.

Formadores dixitais é un programa de formación online destinado a docentes e formadores para que adquiran coñecementos nas técnicas e métodos para impartir formación online. Destinado a 100 persoas, preferentemente docentes de formación profesional para o emprego, os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o 14 de xuño a través dun formulario web na páxina http://www.formadoresdixitais.com e as clases comezarán o 17 de xuño. Os alumnos recibirán 50 horas de formación e poderán acceder a diferentes recursos, foros e un proxecto titorizado.

Impulso da empregabilidade, permitirá mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego nos últimos tres meses. O obxectivo é ofrecer formación e capacitación para incrementar as súas habilidades á hora de atopar un emprego. Celebraranse un total de cinco edicións de 20 alumnos cada unha en formato online que incluirán sesións grupais pero tamén sesións individuais de coaching. En total, ofrécense máis de 55 horas de formación. Convocarase proximamente

Pon Rumbo é un ciclo de obradoiros virtuais con capacidade para 500 personas que se completa con sesións de coaching individual para os 20 alumnos que reúnan os requisitos exixidos no programa. Cunha duración de 50 horas ao longo de tres semanas, traballarase en nove competencias: a análise, o traballo en equipo, a creatividade, a xestión emocional, a capacidade resolutiva, a comunicación, a conexión, a actualización e a organización para aplicar tanto no traballo e no teletraballo como na busca de oportunidades. Está dirixido a persoas en situación de desemprego, emprendedoras e autónomas. O obxectivo é comezar o 15 de xuño