Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de 16 anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
As datas de inicio e remate dos cursos presenciais son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180814/AnuncioG0164-030818-0002_gl.pdf?fbclid=IwAR37CSp8qcANi81II4IfeyZoUNOFd0Csd8jywfEXYgnn44suD0D5rJAnzPg
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario