venres, 3 de abril de 2020

CURSO PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan un curso de prevención de riscos laborais. 

Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h edición.
Edicións: tres.
Datas: do 21 de abril ao 18 de xuño de 2020.
Proba final presencial: o día 18 de xuño, ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas.
Prazas: 75 por edición.

Contido.
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 3 ata o 9 de abril de 2020
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

https://egap.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario