OFICIAL DE MANTEMENTO (ELÉCTRICO).
Precísase un oficial de mantemento para un centro de traballo ubicado en Cervo (Lugo). A persoa seleccionada deberá integrarse no equipo de mantemento e realizar tarefas de mantemento preventivo e correctivo, de forma que se garanta a dispoñibilidade e a calidade do servizo en todo momento.
Funcións:
- Realización das tarefas de mantemento preventivo estipuladas no Plan de Mantemento en cada centro de traballo, que inclúe labores de mantemento eléctrico, automático, mecánico e de fontanería.
- Resolución de problemas relacionados con averías en instalacións e equipos.
- Modificacións e melloras nas instalacións.
Estudos mínimos: Formación Profesional de Grao Superior en Mantemento e Servizos a producción.
Experiencia mínima: 2 anos
Requisitos mínimos:
- Certificiación válida para o manexo e manipulación de equipamentos con sistemas eléctricos, autómatas e tratamentos de augas.
- Permiso de conducir tipo B
- Competencias informáticas a nivel usuario básico
A valorar:
- Curso básico de PRL
- Curso de carretillero
- Curso de plataformas elevadoras
- Curso de traballos en altura
Ofrecese:
- Incorporación inmediata, con contratación de 6 ou 7 meses
- Horario de traballo continuo (8 a 16h) de luns a venres
Para inscribirse na oferta:
👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario