Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Convocatoria para a selección dunha praza de ADMINISTRATIVO/A DE XESTIÓN ECONÓMICA-ADMINISTRATIVA.
Prazo de presentación de instancias: Ata o 14 de febreiro
https://bit.ly/2MSeL6g
luns, 4 de febreiro de 2019
OFERTA EMPREGO PÚBLICA. LUGO
OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES
CARRETILLERO
Empresa Nortempo.
Carretillero para días soltos nas Pontes.
http://empleo.nortempo.com/buscar-ofertas?a=shortUrl&o=12987&fbclid=IwAR0KyPd1e2ycW26QmtfzdbYb_BeRH3r1Cxkr91qmDpN7ZALkzv8HXqECdoA
Empresa Nortempo.
Carretillero para días soltos nas Pontes.
http://empleo.nortempo.com/buscar-ofertas?a=shortUrl&o=12987&fbclid=IwAR0KyPd1e2ycW26QmtfzdbYb_BeRH3r1Cxkr91qmDpN7ZALkzv8HXqECdoA
BOLSAS DE IDIOMAS
A Xunta de Galicia convoca bolsas de estudos para estudiar idiomas en países extranxeiros.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo de solicitude remata o 14 de marzo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0534-101218-0002_es.html

PROBAS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS
Convocatoria de PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINDADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS
Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
📆Prazo de presentación de solicitudes:
- Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 18 de febreiro ao día 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
- Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

sábado, 2 de febreiro de 2019
INTERCAMBIO XUVENIL. XAPÓN E ITALIA
“A Xuventude no mundo” edición 2019: intercambios xuvenís a Xapón e Italia.
👐👨👩QUEDA POUCO TEMPO PARA ANOTARSE PERO PODE SER UNHA EXPERIENCIA ÚNICA.
No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dous intercambios xuvenís:

Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio e que non participaran nos últimos tres anos (2016-2018) no programa A Xuventude no mundo.
Prazo de inscrición: do 28 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2019.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admítese a inscrición nos dous intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
No caso de que unha persoa solicite participar nos dous intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión no outro, salvo que non se cubran as prazas deste último.
Documentación a remitir: confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal
1. Documentación xenérica para os dous intercambios:
- Unha copia do/s billete/s de transporte adquirido/s para desprazarse ata a cidade do país de realización do intercambio. Non é documento válido a/s reserva/s de voo ou medio de transporte elixido.
- Copia do Documento Nacional de Identidade.
2. Documentación específica para o intercambio a Xapón:
a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
b) Unha declaración de compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 horas do 8 ata as 11:00 horas do 11 de marzo de 2019 con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida na comunidade autónoma galega.
3. Documentación específica para o intercambio a Italia:
a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
* Para acreditar cobertura de viaxe e accidentes admítese copia do Carné Xove.
* Para acreditar asistencia sanitaria admítese copia Tarxeta Sanitaria Europea ou certificado sustitutorio.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
* No caso de que a persoa seleccionada queira xestionar a súa viaxe con outras persoas participantes no intercambio deberá autorizar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a facilitar os seus datos de contacto aos demais participantes, cumprimentado o cadro habilitado a tal efecto no formulario de inscrición.
De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de agarda, tendo que presentar o billete e demais documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.
No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.
Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.
INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
Título: “O Camiño Kumano Kodo: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio: do 19 ao 26 de agosto de 2019.
Observacións:
** O 19 de agosto, entre as 17.00 h e as 18.00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 26 de agosto.
Prazas: 15 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- 4 días de estancia con familias xaponesas.
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Estancia con familias: os mozos/as participantes neste intercambio de ida a Xapón adquiren o compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 h do día 8 de marzo ata as 11:00 h do 11 de marzo de 2019.
Coa antelación suficiente, comunicarase o punto de encontro na cidade de Santiago de Compostela para a recollida e entrega do/s mozo/as xaponesas os días 8 e 11 de marzo de 2019.
Actividades provisionais previstas: percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, e aloxamento durante 4 días con familias xaponesas.
Reunión previa á saída: Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio: Aeroporto de Kansai.
INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
Título: “Patrimonio histórico - artístico de Venecia: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio: do 2 ao 9 de setembro de 2019.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días.
Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia.
* Nos días anteriores ao inicio do intercambio se comunicará ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
- Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
- Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.
MÁIS INFORMACIÓN
981545702
galeuropa@xunta.gal
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
venres, 1 de febreiro de 2019
OFERTA EMPREGO PÚBLICA. ¡¡O VICEDO!!
🔻 O concello do Vicedo publicou o 30 de xaneiro as bases que rexerán a contratación dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018", financiado pola excma. Deputación Provincial de Lugo.
O modo de selección é concurso-oposición. E o exame constará de dous partes: unha proba de coñecementos onde se fará un cuestionario oral de dez preguntas; e unha proba práctica que simulara un desempeño que se poida dar nun posto de traballo (desbroce, fontanería, electricidade,etc).
Os postos ofertados son:
-2 peóns de espazos naturais
-1 peón de servizos múltiples
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, estando pendentes de publicación estas bases no BOP.
Enlace a sede electrónica do Vicedo, onde se atopan as bases
👉https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
O modo de selección é concurso-oposición. E o exame constará de dous partes: unha proba de coñecementos onde se fará un cuestionario oral de dez preguntas; e unha proba práctica que simulara un desempeño que se poida dar nun posto de traballo (desbroce, fontanería, electricidade,etc).
Os postos ofertados son: -2 peóns de espazos naturais
-1 peón de servizos múltiples
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, estando pendentes de publicación estas bases no BOP.
Enlace a sede electrónica do Vicedo, onde se atopan as bases
👉https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
OFERTA EMPREGO PRIVADA
GRUPO EULEN;SELECCIONA EQUIPO TÉCNICO PARA XESTIONAR O SERVIZO DE XESTIÓN AMBIENTAL, INFORMACIÓN, DIVULGACIÓN E LOXÍSTICA NA PRAIA DAS CATEDRAIS E O SEU CONTORNO.
4 POSTOS DE INFORMADORES: IMPRESCINDIBLE NIVEL B2 INGLÉS E FORMACIÓN PROFESIONAL Ou CICLO DE GRAO MEDIO
4 PEÓNS: GRADUADO EN ESO Ou EQUIVALENTE.
4 MONITORES AMBIENTAIS: NIVEL B2 DE INGLÉS, TITULACION DE GRAO MEDIO OU SUPERIOR Ou LICENCIATURA RELACIONADA CON MEDIO AMBIENTE, GUIA, TURISMO, CIENCIAS ABMIENTAIS, FORESTAIS, BIOLOXÍA, CIENCIAS DO MAR, SOCIOLOXÍA...
EXPERIENCIA DE 2 ANOS NO POSTO AO QUE OPTA...
1 COORDINADOR: EXPERIENCIA EN XESTIÓN AMBIENTAL, EDUCACIÓN AMBIENTAL, DIVULGACIÓN DE ESPAZOS PROTEXIDOS...
OFERTA DE EMPREGO SUIZA
Esta semana saiu na prensa unha oferta dunha empresa en Suiza que busca persoal para traballar na construcción, cun importe número de ofertas.
Por si houbera alguén interesado, este é o enlace da páxina de recursos humanos que xestiona a selección de persoal, ante calquera duda poden acudir a educadora do concello para intentar solucionar estas dúbidas.
Parte do texto que podemos atopar na prensa e internet:
OFERTA DE EMPREGO PRIVADA. FERROL-TERRA
Catering ferrolterra
Quieres trabajar con nosotros como un extra para eventos pues no lo pienses mucho más... envía tu curriculum cateringferrolterra@gmail.com
Quieres trabajar con nosotros como un extra para eventos pues no lo pienses mucho más... envía tu curriculum cateringferrolterra@gmail.com
OFERTA EMPREGO PÚBLICA
Parque Tecnolóxico de Galicia, SA.- Convocatoria para a contratación temporal de 1 XESTOR/A DE PROXECTOS
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de febreiro de 2019
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190201/AnuncioG1798-280119-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR1EomDO1yvCAhehLHX633Eh9ROMbU18E3-RQRQvhy7MINuDe9gYuCkBjIw

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. ZONA FERROL-TERRA
Concello de Cerceda. Convocatoria para a contratación dos seguintes postos para o Programa Integrado + Emprego:
-1 Administrativo/a https://bit.ly/2DOJBcV
-2 Técnicos/as de orientación, prospección e intermediación laboralhttps://bit.ly/2UBNwzv
Prazo de presentación de instancias: ata o 8 de febreiro de 2019
-1 Administrativo/a https://bit.ly/2DOJBcV
-2 Técnicos/as de orientación, prospección e intermediación laboralhttps://bit.ly/2UBNwzv
Prazo de presentación de instancias: ata o 8 de febreiro de 2019
xoves, 31 de xaneiro de 2019
BOLSA FORMACIÓN. FUNDACIÓN GALICIA EUROPA
Bolsa de formación da Fundación Galicia Europa
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a súa residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. Os estudos conducentes a obtención do título deberon terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas e poderanse realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (Gain) en Santiago de Compostela ou onde esta indique.
O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:
a) Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 15.949,08 €.
b) Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.
c) Seguridade Social: 490,92 €
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770M

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2019
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2019 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu
OFERTA EMPREGO PRIVADA. TERRA CHÁ
Búscase motoserrista con experiencia para traballos forestais na zona da Terra Chá e arredores. Facilítase coche de empresa para os desprazamentos desde A Mariña.
☎️ As persoas interesadas poden contactar no 649814847
☎️ As persoas interesadas poden contactar no 649814847
mércores, 30 de xaneiro de 2019
PROBAS PARA A OBTENCIÓN TÍTULO DE BACHAREL PARA PARA MAIORES
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-180119-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-180119-0001_gl.html
OFERTA EMPREGO PRIVADA. AS PONTES
ADMINISTRATIV@ PARA OBRA AS PONTES (A Coruña)
Con formación profesional de grao medio en administración.
EXPERIENCIA MÍNIMA DE 2 ANOS en contabilidade, pedidos a provedores, facturación, certificacións a clientes e administración local.
- Formación PRL: Segundo ciclo de PRL (20 h)
- Carné de conducir e vehículo propio (posto de traballo nas Pontes, A Coruña)
Dispoñibilidade horaria
- INCORPORACIÓN APROXIMADA: FINAIS FEB'19-PRINCIPIOS MARZO'19
https://www.infojobs.net/as-pontes-de-garcia-rodriguez/administrativ-para-obra-pontes-coruna/of-i9447c93d3c4c57a67dcf96291027d4?applicationOrigin=search-new

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VICEDO
No Boletín oficial da provincia de Lugo do día 26.01.2019, publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- DNI.
- Titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos de ser o caso: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos e outras titulacións relacionados co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente neste concello, deben traer os orixinais da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles aquí as fotocopias). Si se presenta noutro rexistro, deberán enviar orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, sen perxuizo de que en calquer momento se lle poda requerir o orixinal.
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia,finaliza o próximo día 5 de febreiro de 2019.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. VALADOURO
Bases para a contratación de dous operaros (oficiais 1º) para o servizo de mantemento de vías municipais ao abeiro do Plan Único de Cooperación.
Xornada completa e contrato de 5,5 meses, ata o 30 de setembro en todo caso.
O prazo de presentación de instancias será ata o 6 de febreiro.
Publicada no BOP o 30.01.19.
http://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop

martes, 29 de xaneiro de 2019
OFERTA EMPREGO PÚBLICA
ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL NA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA
OBXECTO DA CONVOCATORIA. É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia. O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados. O proceso garantirá os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.
Prazo de presentación de instancias: Dende o 29 de xaneiro ata o 18 de febreiro.
Convocatoria: https://bit.ly/2Uqq87F

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)