luns, 2 de novembro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XERMADE

OFICIAL DE 2º CONDUTOR PARA TRABALLOS DE LIMPEZA.

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de un oficial de 2º condutor para realizar traballos de limpeza no concello de Xermade. 

A duración do contrato será de dez meses como máximo, ou ata o 30 de setembro de 2021 en todo caso. 

A xornada laboral será de xornada completa (37'5 horas semanais).

O prazo de inscripción será de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte  a publicación da convocatoria no BOP (ata o 9 de novembro).

Para máis información no concello de xermade ou no seguinte enlace:

https://concelloxermade.sedelectronica.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario