xoves, 9 de xaneiro de 2020

AXUDA PARA AS PERSOAS QUE ESTEAN A OPOSITAR

Neste curso 2019-2020, por undécimo ano consecutivo, seguimos co programa de #bolsas 📜 coa intención de favorecer a colectivos específicos a preparación para o acceso ao #Emprego_Público.

✅ Do mesmo xeito que o ano pasado volvemos ofrecer ➡ 390 para persoas que estean en situación de #desemprego ou tamén teñan #ingresos non superiores 🔝 ao  IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) e queiran preparar unha #oposición 📖

 Destas 390 bolsas, en setembro adxudicáronse 195 e en xaneiro 2020 adxudicaranse as restantes 195.

✅ Para acceder a algunha delas é necesario presentar a correspondente solicitude do 2 ao 31de xaneiro de 2020.

Toda a información en ▶ http://bit.ly/2 L9 s04 r

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. SERGAS

Servizo Galego de Saúde. Convocatoria de concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

- Persoal sanitario de formación profesional https://bit.ly/39MFDj3
- Pinche https://bit.ly/2tMwjuL
- Logopeda e Terapeuta ocupacional https://bit.ly/35DWqBk
- Cociñeiro/a https://bit.ly/2uyRbpZ

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. GUITIRIZ

Concello de Guitiriz. Convocatoria para a selección de diferentes postos:
Os postos son persoal laboral fixo!!!
Pendente de convocatoria no BOE

-3 Peóns de servizos múltiples https://bit.ly/2tFgs1m
-28 Auxiliares de axuda no fogar https://bit.ly/303U4dZ

PRENDE. SECTOR FORESTAL


PRENDE. CURSO SECTOR EÓLICO




PROGRAMA PARA A XUVENTUDE PRENDE NO RURAL!!!

Formación oficial de 50 horas, págase a 14€ o día de asistencia!


Ampriase o prazo para a presentación de solicitudes para este programa coa finalidade de contribuir a mellora da empregabilidade mediante a formación específica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandaría e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

As actividades e prazas ofertadas son as que se relacionan no seguinte cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das especialidades a impartir de 50 horas, atendendo as recomendacións das asociacións sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia e outras 50 horas adicadas a xestión da empresa.


(*) Celebrarase no lugar onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.

BENEFICIARIOS:

Está dirixido a aqueles mozos/as que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas e cumpran os seguintes requisitos:

- Mozos/as maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude

- Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil

- Estar empadroados nalgún dos concellos que se recollen na convocatoria

- Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a

OFERTA EMPREGO PRIVADA. NARON

La imagen puede contener: texto

mércores, 8 de xaneiro de 2020

OFERTA EMPREGO PUBLICO. VILALBA

Técnico/a en Turismo
Persoal Laboral Temporal, 9 meses cun límite temporal do 30 de setembro de 2020.
Concurso Oposición Libre
13/01/2020 - 08/01/2020

INFORMACIÓN XERAL

A AXENCIA DE COLOCACIÓN DO CONCELLO DE LUGO.
Si eres empresa, inscríbete e publica as túas ofertas de emprego de xeito gratuito.
Si eres demandante de emprego, inscríbete nas ofertas de emprego publicadas.

lugo.portalemp.com

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

En DÉKADA ( Covas- Viveiro) estamos a buscar camareir@ s, interesados enviar currículo a personal@galipizza.com con asunto CAMAREIR@ DÉKADA.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. BARREIROS

Necesitamos un soldador/a para incorporación inmediata. Podedes contactar connosco no 982 12 60 14 ou enviarnos un email a mamut.tech@gmail.com

martes, 7 de xaneiro de 2020

PROGRAMA DE AXUDA PARA AS/OS MOZAS/OS DO RURAL GALEGO

A Deputación de Lugo facilita a participación no plan de #emprego xuvenil #Prende! ampliando o prazo de inscrición ata o día 20. O programa, que busca fixar poboación moza no rural, está dirixido a:

➡️ Menores de 30 anos
➡️ Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
➡️ Empadroados nos 58 #concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo.
➡️ https://bit.ly/36Hgswt

A Deputación de Lugo fai unha convocatoria para seleccionar os mozos e mozas dentro dun programa de formación no que cobrarán unha axuda económica, que sirva para afincar os mozos no rural e así combater o reto demográfico dando unha oportunidade os mozos e mozas da provincia de Lugo que se atopen empadroados nalgún dos concellos participantes e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil.

Medidas incluidas:
Xenérate o teu Emprego no rural, medida de formación
O teu emprego social no rural, axuda ou emprendemento individual
O teu emprego no rural, axuda vos socios de economía social
Xente nova no rural, axudas para a contratación por conta allea a empresa.

Requisitos:
Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude.
Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberta ata o 20 de xaneiro de 2020
Máis información no BOP de Lugo do 16 de decembro de 2019

BannerPrende_seccion



OFERTA EMPREGO PRIVADO. FERROL

Construción en Ferrol (A_ CORUNA)

Busco carpinteiro/a de madeira para montaxe de portas, colocacion tarima, montaxe armarios, etc. Valorásense cursos de PRL 60 h, carné de conducir.

Mario 664292794

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VIVEIRO

RECEPCIONISTA PARA HOTEL 4****
Resort Thalasso Las Sirenas
Xornada completa

Recepcionista de Hotel 4****. Labores propios do posto: check-in, check-out, facturación, información ao cliente, administración, auditorias, atención reclamacións, venda habitacións, atención telefónica, etc.

Contactar a través da páxina de facebook do hotel: http://resortlassirenas.com/ ou https://www.facebook.com/ResortLasSirenas/

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

BAR Kraken CAMARERA/O E AXUDANTE COCIÑA

Necesitamos camarer@ s e axudante de cociña con experiencia, para apertura de de novo local en Cantarrana, Viveiro.

Teléfono: 687693872
Mail: barkrakenviveiro@gmail.com
Mandarme currículum por whatsapp ou mail

A selección será o 10 de Xaneiro e polo tanto, a data límite para enviar CV é o día 9.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

La imagen puede contener: texto

GALIPIZZA VIVEIRO PRECISA CAMAREIR@S.
Interesados enviar currículo a personal@galipizza.com









OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

1 ROTULISTA




Se buscas traballo de rotulista en lugo, estás de parabén!

📤💻 Se queres ser a nosa próxima fichaxe só tes que enviarnos o teu currículo vitae á dirección personal@imprimate.es e estaremos encantados de valorar a túa candidatura. Ten en conta que non recollemos currículos en ningún dos nosos locais, polo que se queres que o posto sexa teu terás que facérnolo chegar por email.

🔍👌 Valoraremos positivamente a túa experiencia no sector, pero o que máis nos importa é a túa predisposición e nivel de detalle, xa que en IMPRIMATE os pequenos detalles son os que marcan a diferenza. Se che gustan as montaxes, instalacións, a aplicación de vinilos e tes coñecementos de electricidade, non o penses: IMPRIMATE é a túa mellor opción.

💨⏩ Dáche présa e envíanos o teu CV antes do día 15 de xaneiro de 2020. ÚneTe e dálle caÑa ao mono connosco! 💪

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

1 MONITOR/A

Buscamos un/há profesor/a para actividades manuais e artísticas en Lugo cidade. As/os interesadas/os, podedes remitir a vosa candidatura a rrhh@osventos.com coa referencia “manualidades-Lugo”.

xoves, 2 de xaneiro de 2020

EMPREGO PÚBLICO: BOLSA DE TRABALLO CONCELLO DE FERROL

Os aspirantes a entrar na bolsa de emprego do Concello deberán presentar as súas solicitudes entre o 1 e o 31 de xaneiro

O regulamento e os modelos necesarios están dispoñibles na sede electrónica municipal, no apartado Bolsa de Traballo

O Concello de Ferrol abrirá o próximo 1 de xaneiro o prazo para presentar solicitudes á selección de persoal funcionario interino e laboral temporal, que concluirá o 31 do mesmo mes. Para ser incluídos nas listas, os interesados deberán reunir os requisitos que para cada escala, subescala, clase ou categoría se recollen na normativa vixente. Xunto coa instancia, deberán presentar copia do DNI, copia da titulación esixida para a categoría ofertada, copia da acreditación do coñecemento da lingua galega segundo a categoría á que se opte e, por último, un currículo autobaremado xunto coa documentación requirida de conformidade co regulamento.

Debido a que o actual regulamento, publicado no BOP do 15 de marzo do 2019, deixa sen efecto o anterior, do ano 2010, todas as persoas que tiveran solicitado a súa inscrición nalgunha categoría en anos anteriores deberán achegar a documentación conforme ao disposto no novo documento e terán que aportar a acreditación de méritos establecida nel, agás que xa estea en poder da Administración (nese caso, hai que especificalo na solicitude).O regulamento, que inclúe o modelo de instancia, o modelo de currículo autobaremado e un anexo coas categorías ofertadas e os requisitos de titulación e perfil lingüístico, pódese consultar en no apartado de Bolsa de Traballo da sede electrónica do Concello (https://www.ferrol.gal/Sede/BolsaTraballo) e tamén no seguinte enlace: https://bit.ly/2PZwIBQ.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. GUNTIN

CONCELLO DE GUNTÍN (LUGO). Convocatoria de 2 prazas de administrativas/os.
Prazo: ata o 09/01/2020.
Páxina 22 do PDF:
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/31-12-2019.pdf?fbclid=IwAR0RfQsvRfq0r0Uo2CIywCq2W8h2hz8Kq9k9dEQk17n6k7QXf0ePAirI-3M#page=22