xoves, 12 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA-GUITIRIZ

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VIVEIRO

CONCELLO DE VIVEIRO. 

BASES DO PROCESO SELECTIVO DE DOUS/DÚAS ADMINISTRATIVOS/AS, por acumulación de tarefas.

Convocatoria no BOP de Lugo : https://bit.ly/3cU78Zi (Páxina 14)

BOLSAS DE FORMACIÓN A PERSOAS TITULADAS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Feuga, Fundación Empresa- Universidade Galega oferta bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional. 05 Mar 2020 

Bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional

Requisitos:

- Titulados/as de centros de Formación Profesional galegos de grao medio ou superior.
- Menores de 31 anos.
- Título obtido nun centro de FP galego.
- Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
- Sen experiencia.
Os solicitantes deberán inscribirse no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Condicións:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu titor e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

Duración:
As bolsas de formación terán unha duración mínima de dous meses e máxima doce meses.

Para máis información:

FEUGA Santiago de Compostela
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n.
Campus Vida
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180

FEUGA Vigo
feugavigo@feuga.es
sdoce@feuga.es
Área Comercial - Local A9
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 469 110

FEUGA Coruña
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Almirante Lángara, s/n
Campus Universitario Riazor
15011 A Coruña
Tfno. 981 250 903

https://www.feuga.es/becas/pbfp/

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VICEDO

🏢ADMINISTRACIÓN LOCAL 
CONCELLO DO VICEDO 
👉ANUNCIO para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples. 

Resolución do 20 de decembro de 2019, modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2020, do Concello do Vicedo (Lugo), referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples. No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 50, do 2 de marzo de 2020, anúnciase proceso selectivo para a cobertura, por funcionario de carreira, polo sistema de concurso oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples do Concello do Vicedo

A praza, vacante no cadro de persoal do Concello do Vicedo, encádrase na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, asimilada ao grupo E, CD 14, estando incluída na oferta de emprego público de 2016.

👀📅O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de edictos da Corporación e/ou xornais de maior difusión da provincia de Lugo. ATENCIÓN! PENDENTE DE PUBLICACIÓN NO BOE!!!

O Vicedo, 5 de marzo de 2020 

José Jesús Novo Martínez

martes, 10 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

Escuela Waldorf Meniñeiros busca maestros de Educación Infantil, Primaria y Secundaria.
La imagen puede contener: flor y texto

luns, 9 de marzo de 2020

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN. XUVENTUDE

📌 AXUDAS para facilitar a obtencións dos PERMISOS DE CONDUCIÓN das clases B 🚗 e C 🚛, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

O importe da axuda será de:
4️⃣0️⃣0️⃣ euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 
6️⃣5️⃣0️⃣ euros para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

⏰ Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2020, salgo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible

OFERTA EMPREGO PUBLICO. O VICEDO

Limpador/-a a xornada parcial

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.


O prazo de inscrición iniciase mañá día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:30 horas na casa do concello.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO


Selección dunha auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións), con data prevista de inicio o 7 de abril de 2020

O prazo de inscrición iniciase o día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

venres, 6 de marzo de 2020

BOLSAS EN FORMACIÓN DIXITAL

Digitalent, bolsas de formación en TIC  
Digitalent, bolsas de formación en TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, convoca 32 bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa Comunidade Autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Ser menor de 31 anos.
- Non ter desfrutado doutra bolsa de formación de Feuga para estudantes universitarios, por período superior a 9 meses.
- Ter aprobados máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades de Galicia, nas áreas de coñecemento seguintes:
Artes e Humanidades: grao en Información e Documentación, grao en Filosofía, etc.
Ciencias: Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc.
Ciencias da Saúde: grao en Medicina, grao en Psicoloxía, etc.
Ciencias Sociais e Xurídicas: grao en Administración e Dirección de Empresas, grao en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información, etc.
Enxeñaría e Arquitectura.
- Os/as interesados/as deberán estar rexistrados no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es

O período de formación práctica terá unha duración de 3 meses.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR607A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril de 2020.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2020 e en https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

xoves, 5 de marzo de 2020

BOLSAS DE FORMACIÓN A PERSOAS TITULADAS EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Feuga, Fundación Empresa- Universidade Galega oferta bolsas de formación a persoas tituladas en Formación Profesional

Requisitos:

- Titulados/as de centros de Formación Profesional galegos de grao medio ou superior.
- Menores de 31 anos.
- Título obtido nun centro de FP galego.
- Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
- Sen experiencia.
Os solicitantes deberán inscribirse no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Condicións:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu titor e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

Duración:
As bolsas de formación terán unha duración mínima de dous meses e máxima doce meses.

Para máis información:

FEUGA Santiago de Compostela
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n.
Campus Vida
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno. 981 534 180

FEUGA Vigo
feugavigo@feuga.es
sdoce@feuga.es
Área Comercial - Local A9
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 469 110

FEUGA Coruña
feuga@feuga.es
sdoce@feuga.es
Almirante Lángara, s/n
Campus Universitario Riazor
15011 A Coruña
Tfno. 981 250 903

https://www.feuga.es/becas/pbfp/

OFERTAS VARIAS DE EMPREGO PRIVADO. VILALBA


GRUPO PELÉ

Rúa Acibro, Parcelas 77, 80, 81 Polígono Industrial As Sete Pontes (16,39 km)
27800 Villalba, Galicia, Spain
Cómo llegar
982 51 21 02
🔥Gustaríache formar parte dunha das empresas de maior crecemento nos sectores # contract e # retail?👇👇
Envíanos o teu CV a info@grupopele.com para inscribirche na oferta. Úneche a Grupo Pelei e crece con nosotr@ s 🚀


1º OFERTA RESPONSABLE RECURSOS HUMANOS
Se tes coñecementos en GESTION INTEGRAL DE RRHH, (contratos, nóminas, informes mensuais, control partes de traballo)., valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo #actitude e #aptitude entón, queremos o teu #talento!

2º OFERTA OPERARIO DE MANTENEMENTO
Se tes coñecementos en CARPINTERIA , FABRICACION E MONTAXE DE MOBILIARIO, AXUDAS A TALLER DE ACABADOS,
( IMPRESCINCIBLE CARNÉ DE 1ª) valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo actitude e aptitude entón, queremos o teu talento!

3º OFERTA OPERARIO DE CARPINTERIA
Se tes coñecementos en  carpinteria ou madeira, valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes, tes bo carácter e sobre todo actitude e aptitude entón, queremos o teu talento!

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO

A Fundación Educativa e Social Dignidade de Lugo, responsable da Minirresidencia (Centro de protección de menores) de próxima apertura no noso Concello, presentou no día de onte as seguintes ofertas de emprego que se achegan a continuación:

- Educador/a social.
- Auxiliar administrativo/a.
- Persoal de limpeza.
- Persoal de cociña.
- Diplomada en Ciencias da Educación.
- Traballadores/as de noite.

As persoas que cumplan o perfil indicado na oferta e que estean interesadas no posto, deben achegarse o antes posible á Oficina de Emprego de Mondoñedo.

martes, 3 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. AS PONTES

CONCELLO DE AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ. CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO DUN/DUNHA
TÉCNICO/A DE PROSPECCIÓN E INSERCIÓN LABORAL E CONSTITUCIÓN DUNHA LISTA DE ESPERA.

Convocatoria: https://bit.ly/2TL0jAT
Solicitudes: prazo ata o 10 de marzo

luns, 2 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Abrimos proceso de selección para un puesto de camarero/a en el Hotel Urban Viveiro
Esperamos vuestros curriculums administracion@urbanviveiro.es
La imagen puede contener: texto

LISTA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA

XUNTA DE GALICIA. APERTURA DE DETERMINADAS LISTAS PARA A INCORPORACIÓN DE SOLICITUDES PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL LABORAL.

Diario Oficial de Galicia

Ábrense as seguintes listas:

PERSOAL FUNCIONARIO:

- Educador/a. Profesor/a especial
- Escala de veterinarios
- Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Varias especialidades, consultar a orden.
- Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico

PERSOAL LABORAL:

- Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
- ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
- Educador/a. Profesor/a especial
- Fisioterapeuta
- Terapeuta ocupacional
- Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. Roupeiro. Ferro de pasar
- Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/
- Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. - - - Encargado/a de traballos. Especialista de oficios
- Xefe/a de cociña
- Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
- Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira
- Subgobernante/a
- Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a
- Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
- Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

Convocatoria: https://bit.ly/2Tt219Q
Solicitudes: prazo ata o 30 de abril

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

A cooperativa Coren busca un técnico de cebo porcino.

Máis informacion: paula.vazquez@coren.es

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA



🔥Gustaríache formar parte dunha das empresas de maior crecemento nos sectores # contract e # retail?👇👇👇

Se tes coñecementos en carpinteria ou madeira, valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes e tes bo carácter e sobre todo #actitude e #aptitude entón, queremos o teu #talento!

Envíanos o teu CV a info@grupopele.com para inscribirche na oferta. Úneche a Grupo Pelei e crece con nosotr@ s 🚀

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Contratación mediante concurso-oposición, de un/ha auxiliar administrativo como funcionario interino por programa por un período de tres anos, Escala Administración Xeral subescala auxiliar (auxiliar administrativo) grupo C2.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 20 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOP. ATA O 30 DE MARZO.


a) Denominación da praza: Auxiliar administrativo 
b) Grupo de titulación: GRUPO C (Subgrupo C2)
c) OUTRAS CARACTERISTICAS 
- Escala: Administración Xeral
- Subescala: auxiliar 
- Nivel C.D.: 16 
- Nivel C.E.: 4.530,80€

 Sistema selectivo O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.

Ás solicitudes de participación deberán xuntárselles a seguinte documentación: 
- Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados mebros da Unión Europea. 
- Copia do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior. 
- Certificado CELGA 4 ou equivalente. 
- Acreditación de méritos.



O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .
FASE DE CONCURSO 
FASE DE OPOSICIÓN:
PRIMEIRA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na contestación dun examen tipo test que constará de 60 preguntas, as cales terán que contestarse nun período máximo de unha hora e media (90 minutos), do temario do ANEXO I. As preguntas positivas terán un valor de 0,5 e as negativas de 0,1. As preguntas en branco non terán valor. A
 SEGUNDO EXERCICIO: Consistirá na resolución dous supostos prácticos relacionados co temario específico determinados polo tribunal. O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas horas. 
COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: consistirá nunha traducción castelán-galego dun texto facilitado polo Tribunal.. Esta proba será obligatoria para aqueles que non poidan acreditar o coñecemento da lingua galega a través dos certificados correspondentes, sempre e cando tiveran superado os tres exercicios anteriores. Puntuarase como APTO ou NON APTO. 

ANEXO DE TEMAS
Tema 1. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados. 
Tema 2. Actividade subvencional das Administracións Públicas: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 
Tema 3. Réxime de sesións dos órganos de goberno local: convocatoria, desenvolvemento e adopción de acordos. As Actas. 
Tema 4. A iniciativa económica das Entidades locais e a reserva de servizos en favor das Entidades locais. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais. 
Tema 5. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 
Tema 6. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 
Tema 7. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 
Tema 8. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 
Tema 9. Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais. Tema 10. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación. Tema 11. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información para fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 
Tema 12. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
Tema 13. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avais polas Entidades Locais. 
Tema 14. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: persoais e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. O acceso aos empregos locais: sistemas de selección e provisión. Contra as presentes bases poderase formular recurso de reposición de carácter 
Tema 15. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. 
Tema 16. O procedemento administrativo común. Principios. Normativa reguladora. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns, en particular acceso aos rexistros e arquivos. 
Tema 17. O procedemento administrativo común: fases do procedemento. Formas de terminación. 
Tema 18. A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdicción conteciosoadministrativa: o recurso contenciso-administrativo. 
Tema 19. A potestade sancionadora. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Procedemento. 
Tema 20. A responsabilidade patrimonial da administración pública. Os procedementos das administración públiocas enmateria de responsabilidade patrimonial: procedemento xeral e procedemento abreviado. 
Tema 21. O municipio de Muras. Organización municipal específica. Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno, tenentes de Alcalde, e concelleiros delegados. Comisións informativas e outros órganos complementarios. 
Tema 22. Xeografia de Muras. Situación, orografía, xeoloxía, hidroloxía e climatoloxía. División por parroquias. Poboación.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO

PRECISAMOS INCORPORAR !!
Creadores de Produto Turístico  Experiencial . Expertos e expertas en sorprender, emocionar e cativar. Profesionais a xornada completa, media xornada,  freelancers ou mesmo como extra para complementar o teu traballo habitual.
Se crees que podes formar parte do equipo  EdD; non o dubides e envíanos un orixinal  mail presentándoche e achegándonos o teu CV
👉 info@experienciasdeldestino.com 👏Anímache con  EdD! 👏

https://www.facebook.com/100011686032876/videos/1024374741295384/