martes, 29 de setembro de 2020

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS NA CONSTRUCCIÓN

Infórmate: https://wa.me/message/5N6THUHKG45PJ1

FORMACIÓN ONLINE EN IGUALDADE

1ª Edición da Escola Virtual de Igualdade 2020/2021 - inscrición aberta ata o 30/6/2021

Na actual edición (2020-2021) ofértanse un total de 21.000 prazas e un catalogo formativo de 8 cursos estruturados en dous niveis: básico e avanzado. As especialidades dos cursos ofertados e o seu cronograma de inicio pódense consultar na pestana "Calendario".

Asímesmo, no apartado de "Cursos e Inscricións" facilítase a información sobre os seus contidos. O período de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2021 ou ata que se esgoten as prazas. Só poderase realizar unha matrícula por persoa e edición.


EVI

luns, 28 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. BURELA

OFICIAL DE PRIMEIRA DE ALBANELERÍA

Provisión con carácter temporal na modalidade de contrato de interinidade de dúas prazas de oficial de primeira de albanelería para a área de mantemento e servizos, unidade de obras, do concello de Burela. 

Xornada laboral: 37,5 horas á semana

O prazo de inscrición será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo (23 setembro), si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Último día: 5 de Outubro 

Boletín oficial con toda a información:

OFERTA EMPREGO PRIVADO. GUITIRIZ

PEÓNS DE EXTERIOR DE MINAS, CANTEIRAS OU POZOS DE PETRÓLEO
Precísase peón exterior de minas e canteiras. 
Valorable: Experiencia e formación relacionada co posto de traballo.
Datos de contacto: 982828910 (Servicio Público de Emprego)

OFERTA EMPREGO PRIVADO. OUTEIRO DE REI

CONDUTORES DE CAMIÓN
Precísase condutor de camión, con carné de conducir C + CAP, para axudar en labores de mudanza. 
Ubicación: Outeiro de Rei
Datos de contacto: 982828686 (Servicio Público de Emprego)

mércores, 23 de setembro de 2020

FORMACIÓN PARA MULLERES

Programa DANA de formación para o empoderamento de MULLERES para o emprego.Máis info 👇




venres, 18 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. MURAS

A empresa CARFERLO S.L. busca PEÓN para a realización dunha obra no concello de Muras. 
Valorarase experiencia en obras de traída de auga.
As persoas interesadas poden enviar o currículo ao email: carferlo@carferlo.es



xoves, 17 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VICEDO ¡¡URXENTE!!

LUNES, 14 DE SEPTIEMBRE DE 2020

Oferta de emprego: vacante como condutor motobomba

Queda unha vacante nun dos postos de condutor de motobomba para este concello e polo que resta da campaña de verán 2020.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

¿Queres traballar con nosoutr@s? 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗗𝗘𝗣𝗘𝗡𝗗𝗜𝗘𝗡𝗧𝗔
---- CON EXPERIENCIA ----- para a nosa tenda de Vilalba
Contacta ao ☎️ 982 25 38 04

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

Anotarse aqui 👉 https://bit.ly/3muf3RZ

La imagen puede contener: texto que dice "EMPREGO PRIVADO Districons Mayoristas S.L.U Repartidor/a REQUISITOS MÍNIMOS: IMPRESCINDIBLE CARNET DE CAMIÓN HASTA 18 Tm, CAP VIXENTE E TARXETA DE CONDUCTOR ACTIVA. DESCRIPCIÓN: PRINCIP ALMENTE REALIZAR REPARTOS A DOMICILIO E ALMACENS EN TODA REXION. REALIZAR TAREFAS DE RECEPCION DE MERCANCIAS CONTROL DE ALBARÁNS. ORGANIZACIÓN E LIMPEZA DE ALMACÉN, PREPARACION DE PEDIDOS, CONTROL DE ALBARÁNS DE SAIDA. FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCION Galicia en Lugo Formación 2 Emprego"

OFERTA EMPREGO MARIÑA LUCENSE

La imagen puede contener: texto que dice "PALISTA EMPRESA DE OBRA PÚBLICA NECESITA INCORPORAR PALISTA PARA OBRAS ΝΑ MARIÑA LUCENSE. EXPERIENCIA MÍNIMA DE 3 ANOS EN MANEXO DE PALA MIXTA E/OU RETROEXCAVADORA PARA NON RESIDENTES ΝΑ ZONA OFRÉCENSE CONDICIONS VENTAXOSAS. ✓ INTERESADOS ENVIAR INFORMACIÓN OU C. V. POR WHATSAPP 678 510 EMAIL: CVRRHHML@GMAIL. COM FUNDACIÓN LABORAL DE LA ACONSTRUCCIÓN Galicia en Lugo Formación e Emprego"

CURSO MANIPULADOR DE ALIMENTOS

CANDO:

1ª edición: do 21 ao 24 de setembro de 2020
2ª edición: do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2020

INSCRICIÓNS: ata completar prazas
PREZO: gratuítos
REQUISITOS: Persoas ocupadas ou afectadas por ERTE de calquera sector e persoas desempregadas
PÁXINA WEB: https://ntfor.com/

C/ Manuel Guzmán 1, baixo (15008 - Coruña)
Tel.: 981 145 599
correo-e: ntformacion@ntfor.com

👉👀 Inscrición:

por teléfono ao 900 107 758 ou whatsapp ao 629 606 516 (whatsapp)
por correo-e a atencionalumno@ntfor.com.
online en: https://bit.ly/32OdoOn

cartel do curso

BOLSAS DE FORMACIÓN NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa de formación no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas. mesa con retales de telas

INSCRICIÓNS:

Ata o 25/09/2020

na sede da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
DURACIÓN:

9 meses - de outubro de 2020 a xuño de 2021 - cunha dedicación de 20 horas semanais
REQUISITOS:

Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Belas Artes, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2016 (incluído)
Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:


5.760 € brutos
PÁXINA WEB:

CONTACTO:


Amigos do Museo de Belas Artes. 

Museo de Belas Artes: R/ Zalaeta, 2 (15002 - A Coruña)

Tel.: 881 881 700

BOLSAS DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DA VIÑA E O VIÑO

Bolsas da Organización Internacional da Viña e o ViñoA Organización Internacional da Viña e o Viño, OIV, convoca cada ano bolsas de investigación nos seus programas prioritarios. As bolsas propostas no marco deste programa son de curta duración (de 6 a 15 meses como máximo) e propóñense para unha formación específica de nivel post-universitario. Os candidatos deberán ser cualificados, cunha vontade de avanzar na investigación ou de mellorar as súas competencias e co desexo de estar ao corrente da actualidade dos avances no seu campo de estudos ou de traballo.

A. Perfil da candidatura
Titular dun diploma de estudos universitarios superiores cunha vontade de comezar ou continuar estudos doutorais para:
- emprender unha investigación en profundidade,
- perfeccionar os seus coñecementos e competencias.

B. Títulos requiridos
Grao universitario de nivel master ou de fin de estudos secundarios +5 anos como mínimo, con obtención dun diploma, o límite de idade é de 40 anos.

C. Cualificacións complementarias
As persoas candidatos deberán demostrar que teñen unha competencia que lles permitirá achegar unha contribución importante á posta en marcha do Plan Estratéxico da OIV.

D. Campos de estudo
Todos os proxectos de campos de estudo propostos deberán reflectir os obxectivos estratéxicos e as prioridades de programa previstos pola OIV conforme ao seu Plan Estratéxico.

E. Aptitudes lingüísticas
Os candidatos deberán saber ler e redactar nun dos cinco idiomas oficiais da OIV.

Os formularios de candidatura debidamente completados deberán ser enviados á OIV - OIV – Bolsas de investigación – 35, rue de Monceau – 75008 Paris – ou job@oiv.int

Data límite de presentación das solicitudes: 24 de outubro de 2020

BOLSAS TELEFÓNICA TALENTUM 2020

A Fundación convoca as bolsas correspondentes ao Programa Telefónica Talentum 2020.

A convocatoria do Programa estará aberta á recepción de solicitudes ata o 15 de decembro de 2020.

Bolsas Telefónica Talentum 2020👀👉O Programa, que dirixe a Fundación, está destinado a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.
O obxectivo é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas/aceleradoras/institucións que se adhiran ao Programa.

Modalidades de bolsas:
-BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha startup/empresa/institución adherida ao Programa.
-LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da startup/empresa/institución que lle sexa asignada.

O período formativo tendra unha duración de entre un mínimo de tres e un maximo de doce meses.

Dotación:
Bolsas en España:
- Para bolsas de 25 horas semanais: 750 € mensuais
- Para bolsas de 35 horas semanais: 1.100 € mensuais
- Para bolsas de excelencia, 25 horas semanais: 1.100 € mensuais
Bolsas no estranxeiro:
- Unha asignación mensual de 2.500 € durante os meses en que o bolseiro ou bolseira desenvolva a súa práctica formativa no estranxeiro. Se antes de desprazarse fóra de España, recibise formación práctica, a súa asignación será de 750 €.

luns, 14 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. RÁBADE

OPERARIAS E OPERARIOS DE PRODUCCIÓN PARA FINSA(RÁBADE)
Buscamos operarias e operarios de produción para a liña de produción da planta de Rábade, situada no Polígono  Inustrial de Rábade ( Lugo). Terás a oportunidade de achegarche a unha contorna industrial no que che incorporarás de maneira temporal ao equipo para desenvolver diferentes funcións dentro da nosa cadea produtiva.

REQUISITOS MÍNIMOS
- Bacharel, Ciclo Medio ou Superior

- Valorable Experiencia Industrial

- Dispoñibilidade para traballar a quendas rotativas mañá - tarde - noite

Valorarase: 

- Experiencia en traballos a quendas e procesos industriais

- Carné de carretilla


- Responsabilidade, traballo en equipo e colaboración

OFERTA EMPREGO PRIVADO. ZONA FERROLTERRA

Búscanse peóns agrícolas para campaña de inverno. 
Enviar currículum ao mail:  covasvegetal@covasvegetal.com

La imagen puede contener: texto que dice "huerta en casa La Hil COVAS VEGETAL"

venres, 11 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. VICEDO

LIMPADOR/A A XORNADA PARCIAL

Están expostos no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha Limpiador/a a xornada parcial (96,66%), por un período de 6 meses. 

O prazo de inscrición iniciase dende hoxe 11 de setembro ata o día 21 de setembro de 2020, realizándose o proceso de selección o día 22 de setembro a partir das 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, situada na casa da cultura, ou na web do concello: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

PEÓN DE ALIMENTACIÓN.

Conserveira situada en A Mariña selecciona operarios/as peladores de bonito.

Realizarás as seguintes funcións en cadea de producción:

- Pelado e clasificado de bonito

- Recollida de peixes

Estudos mínimos: Educación Secundaria Obligatoria

Imprescindible: Residencia en provincia do posto vacante

Requisitos mínimos: 

- Experiencia mínima de 6 meses en industria conserveira, industria relacionada co peixe ou pesacaderías

- Certificado de manipulación de alimentos

- Valorable experiencia en corte

Para inscribirse en esta oferta:

      👇

https://bit.ly/33jPhas

xoves, 10 de setembro de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. COSPEITO

FONTANEIROS.

Precísanse fontaneiros para traballar en Cospeito.

Requisitos mínimos: 

- Mínimo oficial de 2ª 

- 12 meses de experiencia

Datos de contacto: 982828910 (Servicio Público de Emprego)