PARLAMENTO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2019 pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.
A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2019, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas individuais para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:
a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.
As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario