mércores, 12 de xuño de 2019

TEMPOREIROS PARA CERDIDO


Horticina contratará a 450 temporeiros para colleitar arandos en Cerdido

Este verán, a firma necesitará entre 450 e 480 peóns agrícolas para a recolección das 72 hectáreas de terreo que xa están a producir _a superficie total alcanza as 95_; a campaña arrincará entre o 17 e o 24 de xuño e alongarase ata finais de setembro ou a primeira semana de outubro.

O portal de emprego posto en marcha pola compañía _candidatos. horticina.net_ abrirá o 12 de xuño para a recepción de solicitudes de traballo. Non existe un perfil determinado. «Buscamos xente con gañas de traballar
».

MEDIOS DE CONTACTO:
981 411 076
606 579 812 (Enviar Whatsapp)
horticina@horticina.eu

Ningún comentario:

Publicar un comentario