luns, 10 de xuño de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VICEDO


SELECCIÓN DUN/DUNHA ANIMADOR/A CULTURAL PARA A TEMPADA VERÁN 2019

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2019 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 07 de xuño e remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 19 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario