Xa está aberto o prazo para inscribirse na bolsa de emprego para os postos de traballo que poidan precisarse durante a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no ano 2019.
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 12 DE XUÑO ao 3 DE XULLO do ano 2019, ámbolos dous días inclusive.
Os postos de traballo que se ofertan son de:
-Hostalería, en todas as súas variantes (barra de bebidas, restauración, postos ambulantes de comida, etc.)
-Auxiliares de aparcadoiros.
-Limpeza en vía pública e mantemento das zonas de aseos habilitadas pola organización.
-Auxiliares diversos (control de dependencias, tarefas de carga e descarga).
Os requisitos para participar nesta convocatoria, será unicamente o de estar desempregado, debendo de presentar a solicitude xunto cunha fotocopia do DNI e a tarxeta de demandante de emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario