martes, 12 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADA FERROL

EMPLEO: Se busca presentador/a y redactor/a con experiencia para la TV Ferrol. Todo interesado podrá mandar su CV a direccion@tvferrol.es o llamar al 981.369.076

luns, 11 de febreiro de 2019

ERRORES A EVITAR NUNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO PODE SER DECISIVA PARA ACADAR O POSTO SOLICITADO, POR ISO É MOI IMPORTANTE PREPARALA A CONCIENCIA, REPASANDO A INFORMACIÓN QUE APORTAMOS (FORMACIÓN, EXPERIENCIA, HABILIDADES, APTITUDES, CARACTERÍSTICAS PROPIAS, QUE PODEMOS APORTAR A EMPRESA, ETC.) E EVITAR ESTOS ERRORES.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. VILALBA

La imagen puede contener: una o varias personas y texto



Centro de Estética en Vilalba busca unha esteticista con título medio ou superior.
Enviar CV: susanatecnico@prodube.com

OFERTA DE EMPREGO. CAMPUS TERRA

OFERTA PARA TRABALLAR NA AULA Aula de Productos Lácteos y Tecnologías Alimentarias

Tes formación/experiencia no sector agroalimentario e es unha persoa versátil e con capacidade para traballar en equipo?

Queres traballar nunha das plantas piloto máis completas de Europa no Campus Terra USC e aprender en cada unha das tarefas que che encomenden?

A USC oferta unha praza para traballar no noso equipo e colaborar nas actividades adscritas ao proxecto Nutriage Saúde. O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe mesmo e termina o 12 de febreiro.


OFERTA EMPREGO PÚBLICA. XERMADE

O Concello de Xermade convoca prazas de Traballador/a Social e Educador/a Familiar como funcionarios interinos e para formar unha futura bolsa de emprego para posibles substitucións por razóns de:

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza. b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas. c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal. d) Exceso ou acumulación de tarefas.

Prazo de presentación de instancias: Ata o 21 de febreiro

Enlace ao BOP 11.02.2019 👇
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/11-02-2019.pdf#page=12

venres, 8 de febreiro de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. OUROL

O concello de Ourol publica as bases para a contratación temporal, mediante concruso-oposición de 7 peóns forestais a xornada parcial (75%) no Concello de Ourol para o Servizo de Protección Ambiental e do Espazo natural a través do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2019, cunha duración de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 11 ao 15 de febreiro de 2019.

https://concellodeourol.sedelectronica.es/info.2

OFERTA DE EMPREGO. AS PONTES-ALMERÍA

Posto: Profesional Mantemento CT As Pontes e Almería
Seleccionamos para Endesa dous Profesionais de Operación e Mantemento para a Central Térmica das Pontes e un Profesional de Operación e Mantemento para a Central Térmica de Almería. 

O contrato realizarase en prácticas, por un período de 6 meses que corresponderán a formación na central indicada. Tras estes meses de formación, poderás formar parte dunha bolsa de candidatos para cubrir necesidades que poidan xurdir tanto na central "de orixe", como noutras próximas ou da mesma tecnoloxía (Carbón e/ou Ciclo combinado). 

O horario de traballo será a quenda pechada (quendas rotativas de mañá de 06:00 a 14:00 horas; de tarde de 14:00 a 22:00 horas e de noite de 22:00 a 06:00 horas)

Formación Profesional de Grao Medio ou Superior en Electricidade e Electrónica ou en Mantemento e Servizos á Produción (con data de finalización posterior ao ano 2015).

Dispoñibilidade para realizar un contrato en prácticas, de duración determinada e mobilidade xeográfica. (Non confundir con bolsa ou prácticas de estudos)

Valorarase positivamente formación adicional en Prevención de Riscos Laborais nivel básico e en sistemas de xestión ambiental, da calidade e da prevención laboral.
ENLACE A OFERTA EN INFOJOBS 👇

OFERTA EMPREGO PRIVADA. MONDOÑEDO

Técnico/a dinamizador/a talleres sobre saúde

Empresa: HARTFORD, SL

DESCRICIÓN: Dinamizador /a para talleres del área de salud dirigido a personas mayores

Posto: Dinamizador /a talleres sobre salud
REQUISITOS MÍNIMOS: Formación en el área social y deportiva
EXPERIENCIA MÍNIMA: Experiencia con personas mayores y dinámicas de grupo
ESTUDOS MÍNIMOS: Trabajo social, educación social, psicología y actividades físicas y del deporte.

OFERTAS DE EMPREGO SEPE. 08.02.19

O SEPE publicou as seguintes ofertas de emprego, que se atopan cerca da zona de Muras, en calquer caso na paxina web hai moitas máis e así mesmo, no caso de que vos querades inscribir nalgunha e moito máis sinxelo a través da páxina web e cos credenciais que a oficina de emprego da o usuario, en caso de carecer deles podense solicitar a oficina de emprego.


DOCENTE FORMACIÓN NON REGULADA. VILALBA

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/1216
DOCENTE PARA CURSO AFD REQUÍRESE CICLO SUPERIOR RAMA ELECTRICIDADE OU ENXEÑERÍA TÉCNICA. CURSO DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO, CAP OU SIMILARES. 12 MESES DE EXPERIENCIA
CARGO: FORMADORES DE FORMACIÓN NON REGULADA
MEDIO DE CONTACTO: 012
CONDUCTORES DE CAMIÓN. AS PONTES

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/1034
DETALLES:
Condutor de tráiler con 6 meses de experiencia e tarxeta de cualificación de condutor en vigor.
CARGO: CONDUTORES DE CAMIÓN, EN XERAL
MEDIO DE CONTACTO: 012

CAMAREIROS/AS. VIVEIRO

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/915
DETALLES: NIVEL MEDIO-ALTO DE INGLÉS (A NIVEL ORAL E ESCRITO) E EXPERIENCIA COMO CAMAREIRO/-A DE, POLO MENOS, DOUS ANOS.
CARGO: CAMAREIROS, EN XERAL
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828722

ASISTENTES DOMICILIARIOS. O VICEDO

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/913
DETALLES: ASISTENTE DOMICILIARIO A MEDIA XORNADA CON TITULACIÓN E CARNÉ DE CONDUCIR
CARGO: ASISTENTES DOMICILIARIOS
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828722
Para máis información podes poñerte en contacto co 012 ou, se chamas dende fóra de Galicia, co 981 900 643.

PERRUQUEIRA UNISEX. AS PONTES

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA 12/2019/877
DETALLES: UN POSTO DE AXUDANTE DE PERRUCARIA CON COÑECEMENTOS DE ESTETICA. EXPERIENCIA A PARTIRES DE TRES MESES. XORNADA COMPLETA. A/O CANDIDATO/A DEBE TER O CICLO MEDIO DE PEITEADO E COSMETICA CAPILAR O EQUIVALENTE, DA FAMILIA PROFESIONAL DE IMAXE PERSOAL.
CARGO: PERRUQUEIRO UNISEX
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 881881494

AXENTE COMERCIAL. VILALBA

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2019/860
DETALLES: Necesítase COMERCIAL para tenda de Telefonía Móvil en horario de 10:00-13:30h y de 16:30-20:00h de luns a venres e os sábados de 10:00-13:30h. O requisito académico é de Formación Profesional de Grado Medio ou equivalente.
CARGO: AXENTES COMERCIAIS
MEDIO DE CONTACTO: Teléfono : 982828910

xoves, 7 de febreiro de 2019

CHARLAS INFORMATIVAS MOCIDADE

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon a disposición de concellos, asociacións e grupos informais de mozos e mozas un servizo de información e asesoramento sobre os seguintes programas:

INICIATIVA XOVE: programa de axudas de ata 5.000 € para financiar ideas lideradas por mozos e mozas
GALEUROPA: programa de prácticas formativas de ata 3 meses nalgún país da Unión Europea.



A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes.
O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre dous dos principais programas desta dirección xeral a todas as potenciais persoas beneficiarias, independentemente da súa localización xeográfica.


Os concellos, entidades ou grupos interesados nesta charla deberán cubrir este formulario.

Unha vez recibida a solicitude, o dinamizador ou dinamizadora responsable da zona porase en contacto coa persoa indicada na solicitude para concretar os datos relativos ao lugar, data e horario da charla informativa.

No caso de haber varias solicitudes dentro do mesmo concello, tratarase de fixar unha data común para os interesados e interesadas.

O prazo para remitir as solicitudes remata o 20 de febreiro e as charlas levaranse a cabo ata o 1 de marzo inclusive

CURSO XESTIÓN AMBIENTAL. PRESENCIAL EN NARÓN


📣En unos días tendremos un nuevo curso gratuito para desemplead@s: Xestión Ambiental 🌳🍂. Con la superación de esta formación podrás desempeñar funciones como técnico de medio ambiente, en gestión ambiental, programador de actividades ambientales o coordinador de sistemas de gestión ambiental, entre otras.

🤓Se trata de un certificado de profesionalidad de nivel 3, por lo que para acceder, debes tener bachillerato o COU (según tu plan de estudios) o equivalente. Durante el curso tendrás ayudas al desplazamiento y recibirás todo el material para realizar la formación práctica. Una vez superes la formación podrás acceder a las prácticas en empresas.

📆 Si quieres inscribirte, o conoces a alguien que lo necesite, asiste a la prueba de selección el: lunes 11/02 a las 10:00 horas en nuestro centro de Narón:

👉 http://ow.ly/c4xe30nqJO4

👀 Info completa en nuestra web:http://ow.ly/Xmoc30lXJWC

La formación está financiada por la Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria



OFERTA EMPREGO PÚBLICO. O VALADOURO

Convocatoria e bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal ao obxecto de cubrir, dous postos de peón para o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais , do cadro de persoal laboral temporal do concello de O Valadouro no marco do convenio de colaboración subscrito entre a consellería de medio rural e o concello de O Valadouro durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

https://www.valadouro.org/emprego/convocatoria-para-a-contratacion-de-persoal-laboral-temporal/

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. GUITIRIZ

Técnico/a Dinamizador do Plan de Inclusión Dixital

O Concello de Guitiriz convoca praza de funcionario/a interino/a para facerse cargo da aula CEMIT mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias é ata o 21 de febreiro.

http://www.concellodeguitiriz.com/emprego.asp?idc=1

OFERTA EMPREGO PRIVADA. O VALADOURO

Buscamos para incorporación inmediata na nosa empresa unha persona para cubrir puesto administrativo con caracter fixo. Recollemos curriculum no correo talleresrouco1@gmail.com ou na nosa oficina.

mércores, 6 de febreiro de 2019

BOLSA DE FORMACIÓN EGAP

Escola Galega de Administración Pública. Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro do ano 2012.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR770F). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de xaneiro ata o 25 de febreiro.


https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2958

OFERTA EMPREGO PRIVADA

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

Galipizza Viveiro precisa CAMAREIR@S.
Interesados enviar currículo a personal@galipizza.com con asunto GALIPIZZA VIVEIRO CAMAREIR@.

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. O VALADOURO

Concello do Valadouro.- Convocatoria para a contratación temporal de 1 MONITOR/A DE OCIO EDUCATIVO E TEMPO LIBRE
Prazo de presentación de instancias: ata o 13 de febreiro de 2019

http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/06-02-2019.pdf?fbclid=IwAR0qcvwgv9M8G0axIa_SWmnPLMjwGj_RP2bV9-9QUz7CAbF6q6w_Z_KeiVo#page=8

martes, 5 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO. BEN ENMPREGADO


OFERTA DE EMPREGO: VIVEIRO E VILALBA


CURSOS AULA CEMIT

CeMIT - Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica

Hoxe en día, as novas tecnoloxías e o uso das aplicacións web e móbil son indispensables, polo tanto vos paso o enlace a páxina CEMIT onde se imparte cursos de teleformación e presenciais (podedes elexir o que mellor se adapte, os vosos intereses e lugar de impartición).
É tan sinxelo como rexistrarse e solicitar o curso que nos interese, e dúas veces o ano sacan o tema das competencias dixitais, o famoso CODIX, así que estade atentos a esta páxina.

https://cemit.xunta.gal/gl/ema_introduccion

luns, 4 de febreiro de 2019

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. PROGRAMA TECENDO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Deputación Provincial de Lugo. Bases para a selección das persoas candidatas do programa TECENDO EMPREGO https://bit.ly/2HSYor4

Os postos ofertas están na páxina web da Axencia de colocación de Lugo, son moitos e con moita variedade. Destacan os postos de carácter social. Rexistrándose na páxina da Axencia de Colocación de Lugo, xa pode un inscribirse nas ofertas. OLLO! É necesario estar no parado ou en situación de mellora de emprego.

A finalidade desta fase é a de seleccionar aos candidatos desempregados solicitados polas entidades para acadar os obxectivos do programa, que é a incorporación ó mercado de traballo de desempregados e dotar ás entidades beneficiarias de capital humano cualificado para xerar un crecemento da economía e do emprego, a través desta convocatoria pública que rexerá as condicións para a selección dos candidatos na provincia de Lugo, tendo en conta as 3 liñas de emprego:
Liña Novel: dirixida a mozos recen titulados/as dentro do ámbito da universidade ou da formación profesional, para adquisición de habilidades e capacidades laborais, así como promover o seu desenvolvemento persoal e social dentro da súa área de formación, e así acadar a experiencia profesional que tanto frea a integración no ámbito laboral, e de forma transversal promover unha conciencia de corresponsabilidade social, sen experiencia e ata 35 anos .
Liña Senior: dirixida a parados, de 30 a 50 anos.
Liña Veterano: dirixida a parados, dentro da súa última fase activa (maiores de 50 anos) a piques de pechar a súa etapa profesional.

Bases do programa e listaxe de perfís: https://bit.ly/2MM7tkc

Axencia de Colocación: https://bit.ly/2Ke9K6p