luns, 2 de marzo de 2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. LUGO

A cooperativa Coren busca un técnico de cebo porcino.

Máis informacion: paula.vazquez@coren.es

La imagen puede contener: texto

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA



🔥Gustaríache formar parte dunha das empresas de maior crecemento nos sectores # contract e # retail?👇👇👇

Se tes coñecementos en carpinteria ou madeira, valores en canto a comportamento e responsabilidade, gústache ter unha boa relación cos compañeiros e clientes e tes bo carácter e sobre todo #actitude e #aptitude entón, queremos o teu #talento!

Envíanos o teu CV a info@grupopele.com para inscribirche na oferta. Úneche a Grupo Pelei e crece con nosotr@ s 🚀

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. MURAS

Contratación mediante concurso-oposición, de un/ha auxiliar administrativo como funcionario interino por programa por un período de tres anos, Escala Administración Xeral subescala auxiliar (auxiliar administrativo) grupo C2.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 20 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN NO BOP. ATA O 30 DE MARZO.


a) Denominación da praza: Auxiliar administrativo 
b) Grupo de titulación: GRUPO C (Subgrupo C2)
c) OUTRAS CARACTERISTICAS 
- Escala: Administración Xeral
- Subescala: auxiliar 
- Nivel C.D.: 16 
- Nivel C.E.: 4.530,80€

 Sistema selectivo O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.

Ás solicitudes de participación deberán xuntárselles a seguinte documentación: 
- Copia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados mebros da Unión Europea. 
- Copia do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior. 
- Certificado CELGA 4 ou equivalente. 
- Acreditación de méritos.



O procedemento de selección desta praza é o de concurso-oposición, correspondéndolle a fase de concurso unha porcentaxe do 30% da puntuación máxima total, e a fase de oposición o 70% .
FASE DE CONCURSO 
FASE DE OPOSICIÓN:
PRIMEIRA PROBA: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos os aspirantes. Consistirá na contestación dun examen tipo test que constará de 60 preguntas, as cales terán que contestarse nun período máximo de unha hora e media (90 minutos), do temario do ANEXO I. As preguntas positivas terán un valor de 0,5 e as negativas de 0,1. As preguntas en branco non terán valor. A
 SEGUNDO EXERCICIO: Consistirá na resolución dous supostos prácticos relacionados co temario específico determinados polo tribunal. O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas horas. 
COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA: consistirá nunha traducción castelán-galego dun texto facilitado polo Tribunal.. Esta proba será obligatoria para aqueles que non poidan acreditar o coñecemento da lingua galega a través dos certificados correspondentes, sempre e cando tiveran superado os tres exercicios anteriores. Puntuarase como APTO ou NON APTO. 

ANEXO DE TEMAS
Tema 1. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados. 
Tema 2. Actividade subvencional das Administracións Públicas: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 
Tema 3. Réxime de sesións dos órganos de goberno local: convocatoria, desenvolvemento e adopción de acordos. As Actas. 
Tema 4. A iniciativa económica das Entidades locais e a reserva de servizos en favor das Entidades locais. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais. 
Tema 5. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 
Tema 6. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 
Tema 7. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 
Tema 8. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 
Tema 9. Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais. Tema 10. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación. Tema 11. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información para fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 
Tema 12. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
Tema 13. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avais polas Entidades Locais. 
Tema 14. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: persoais e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. O acceso aos empregos locais: sistemas de selección e provisión. Contra as presentes bases poderase formular recurso de reposición de carácter 
Tema 15. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. 
Tema 16. O procedemento administrativo común. Principios. Normativa reguladora. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns, en particular acceso aos rexistros e arquivos. 
Tema 17. O procedemento administrativo común: fases do procedemento. Formas de terminación. 
Tema 18. A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdicción conteciosoadministrativa: o recurso contenciso-administrativo. 
Tema 19. A potestade sancionadora. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Procedemento. 
Tema 20. A responsabilidade patrimonial da administración pública. Os procedementos das administración públiocas enmateria de responsabilidade patrimonial: procedemento xeral e procedemento abreviado. 
Tema 21. O municipio de Muras. Organización municipal específica. Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno, tenentes de Alcalde, e concelleiros delegados. Comisións informativas e outros órganos complementarios. 
Tema 22. Xeografia de Muras. Situación, orografía, xeoloxía, hidroloxía e climatoloxía. División por parroquias. Poboación.

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO

PRECISAMOS INCORPORAR !!
Creadores de Produto Turístico  Experiencial . Expertos e expertas en sorprender, emocionar e cativar. Profesionais a xornada completa, media xornada,  freelancers ou mesmo como extra para complementar o teu traballo habitual.
Se crees que podes formar parte do equipo  EdD; non o dubides e envíanos un orixinal  mail presentándoche e achegándonos o teu CV
👉 info@experienciasdeldestino.com 👏Anímache con  EdD! 👏

https://www.facebook.com/100011686032876/videos/1024374741295384/

venres, 28 de febreiro de 2020

AXUDAS A XÓVENES AGRICULTORES

Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas
Axudas á creación de empresas por persoas agricultoras mozas

A Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2020 as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2020 (incluído).
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2020 e en http://mediorural.xunta.gal

Publicada no DOG do 28 de febreiro de 2020 a ampliación do prazo para presentar solicitudes.

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os 18 anos e non teña cumpridos máis de 40 anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUROL

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2019 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Tipo de contrato e duración: Obra ou servizo determinado a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 5 ao 11 de marzo de 2020 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es

PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE


Probas de avaliación en competencias clave

👀 
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A

xoves, 27 de febreiro de 2020

CURSOS DE FORMACIÓN SOCORRISMO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.


RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Resultado de imagen de SOCORRISMO


Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/u01/app/oracle/shared/resources/pxdog100/doga/Publicados/2020/20200221/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=21/02/2020&compMenu=10102

OFERTA EMPREGO PÚBLICA. VICEDO

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun /dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo.


Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación, a cal se anunciará novamente neste blog.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VILALBA

Necesítase peón forestal con experiencia ou sen ela. Incorporación inmediata.

Informes no teléfono 651010970


Resultado de imagen de PEON FORESTAL

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. XOVE

Concello de Xove 

Convocatoria para a selección dunha praza de PERSOAL DE FONTANERÍA 
Prazo: ata o 07/03/2020

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Urxe esteticista para Luxury Clínica en Covas - Viveiro.Xornada completa.Valórase experiencia.
Tlf de contacto 638 166 095.


OFERTA EMPREGO PRIVADO. VIVEIRO

Axudante de panadería, na Fontenova en Viveiro.

Dirección: Rúa Melitón Cortiñas, 9, 27850 Viveiro, Lugo
Horario:
Xoves 8:30–14:30, 16:00–21:00
Venres 8:30–14:30, 16:00–21:00
Sábado 8:30–14:30, 16:00–21:00
Domingo 8:30–14:30, 16:00–21:00
Luns 8:30–14:30, 16:00–21:00
Martes 8:30–14:30, 16:00–21:00
Mércores 8:30–14:30, 16:00–21:00

Teléfono: 982 56 04 73

OFERTA EMPREGO PRIVADA. LUGO

DOCENTE COMPETENCIAS PROFESIONALES (LUGO)

- EMPRESA: CEGAFOR
- LOCALIDAD: LUGO
- DESCRIPCIÓN: DOCENTE COMPETENCIAS PROFESIONALES (COMUNICACIÓN, FLEXIBILIDAD, TRABAJO EN EQUIPO, ORIENTACIÓN AL LOGRO Y PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN)
. REQUISITOS FORMACIÓN: Formación Profesional de Grado Superior (FP) en la familia de Servicios Socioculturales y a la Comunidad o Diplomado/Licenciado/Grado en las ramas de Psicología, Psicopedagogía, Pedagogía, Terapeuta Ocupacional, Sociología Aplicada o Relaciones Laborales.
- REQUISITOS EXPERIENCIA: 50 horas impartición en competencias profesionales (COMUNICACIÓN, FLEXIBILIDAD, TRABAJO EN EQUIPO, ORIENTACIÓN AL LOGRO Y PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN)
- CONTACTO: enviar CV con REF: COMPETENCIAS a formacion@cenepo.com
- CONDICIONES: contrato mercantil o laboral.

OFERTA EMPREGO PRIVADO. AS PONTES

Empresa: Cultureume SC As Pontes. BUSCA ARQUEÓLOGA

Requisitos:

-Muller. Menos de 30 anos. Parada de longa duración.

-Titulada en Licenciatura/Grao en Historia, Historia da Arte ou Humanidades

-Especialidade en Arqueoloxía ou Xestión do Patrimonio Cultural

-Con coñecementos en investigación arqueolóxica o arqueoloxía de campo ou xestión do patrimonio cultural ou investigación en documentación histórica ou manexo de software de sistemas de información xeorreferenciada.

-Valorarase: CELGA 4, carnet de conducir tipo B e vehículo propio, manexo de paquete básico Office, implicación no proxecto, interese pola calidade, capacidade de traballo en equipo, adaptación ás necesidades da empresa e capacidade de aprendizaxe.

Localización: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Tipo de contrato: Xornada completa

Duración estimada do contrato: 12 meses

Data de inicio do contrato: outono de 2020

Curriculums a: info@cultureume.com

LANZADEIRAS CONECTA EMPREGO

Lanzadeiras Conecta Emprego

A Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica convocan o programa Lanzadeiras Conecta Emprego. É un programa de orientación cuxo obxectivo é dotar de ferramentas ás persoas participantes para conseguir un emprego. Inclúe dúas actividades principais:

Alfabetización Dixital
Lanzadeira

A primeira actividade, Alfabetización dixital, é un programa de orientación dun mes de duración pensado para persoas desempregadas maiores de 18 anos que buscan adquirir competencias dixitais básicas para a procura de emprego.

O prazo para inscribirse é ata o 3 de Marzo.

En Galicia están abertas as inscricións en:

Santiago de Compostela
A Coruña
Arteixo

A segunda actividade, Lanzadeiras, é un programa de orientación de 4 meses de duración e trabállase en 3 fases principais:

- Dinámicas de autocoñecemento a través de talleres prácticos
- Dinámicas de orientación grupal e individual: creación de CV, adestramento de entrevistas, xestión de marca persoal, etc.
- Elaboración dun mapa de empregabilidade e posterior visitas a empresas da zona.

Para esta, ábrese o prazo de inscrición o 3 de Marzo. O proceso para inscribirse, unha vez aberto o prazo, é o mesmo que para a Alfabetización Dixital.

https://www.lanzaderasconectaempleo.es

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. XÓVENES

Actividades de formación en linguas estranxeiras

    A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2020.

    O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

    Requisitos:

    a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
    c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
    d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

    Destinos:
    AXUDASLE


    Criterios de puntuación:

    1º. Nota media do expediente no curso 2018/19: ata 10 puntos.
    2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
    3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
    4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.
    5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

    As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
    O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 26 de marzo de 2020.
    Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

    VII EDICIÓN DO CURSO ONLINE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA MULLERES NOVAS


    VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas


    A Federación Mulleres Novas en colaboración coa Universidade de Alcalá de Henares lanza a súa VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas dentro do Programa para a Inserción Sociolaboral das Mulleres Novas.

    Unha formación gratuíta para a obtención da European Computer Driving Licence, ECDL (Acreditación Europea do Manexo do Computador) a fin de superar os exames definidos a nivel internacional e idénticos en toda a Unión Europea.

    A formación que será do 23 de marzo ao 29 de maio de 2020 está especialmente dirixida a todas aquelas mulleres novas (entre 18 e 35 anos), que residan en España e que por estar desempregadas, en procura do primeiro emprego ou con empregos precarios, queiran mellorar a súa situación laboral e profesional.

    O curso realizarase a través da Plataforma do Campus de Formación da Universidade de Alcalá de Henares e consta de 8 módulos dun total de 140 horas cubrindo conceptos básicos da Tecnoloxía da Información tales como procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, coñecementos fundamentais das aplicacións en liña, ferramentas de colaboración en liña e seguridade informática.

    Para formalizar a inscrición será necesario realizar un ingreso de 25 euros en concepto de matrícula, importe que se devolverá de maneira íntegra a quen finalice a formación e asista ao exame ECDL (na Universidade de Alcalá de Henares cos gastos subvencionados).

    Prazo de inscrición: ata o 15 de marzo de 2020.

    Requisitos: Calquera muller nova (entre 18 e 35 anos) residente en España, que queira mellorar a súa situación profesional e laboral.

    www.mujeresjovenes.org

    luns, 24 de febreiro de 2020

    OFERTA EMPREGO PRIVADO. NARON

    En Grupo Temporing  A Coruña buscamos o talento de Persoal con experiencia en carga e descarga para traballar días soltos no Polígono Industrial de Río do Pozo en Narón (Ferrol)

    👀IncorporaciónInmediata

    👉Inscríbeche na web e coñece máis detalles sobre as funcións e requisitos da posición! https://traballadores. temporingett. com/Ofertas/Oferta. aspx…

    ☎Contáctar: 981175747

    OFERTAS DE EMPREGO EN NORVENTO. ZONA NORTE DE LUGO


    parque-eólico-coruxeiras NORVENTO

    Traballa con nós

    Se che gustan os retos, a inxeñería e eres un apasionado da enerxía e a sostenibilidade, envía e teu CV a noso departamento de rrhh.

    Si consideras que algunha das nosas ofertas de traballo encaixa contigo, sigue o seguinte enlace para inscribirte nela.

    REF1803 - BECA TALENTO JUNIOR. LUGO


    REF1904OPM - OPERARIOS DE MANTENIMIENTO DE AEROGENERADORES Y SOPORTE TÉCNICO. LUGO


    REF1910TEC - TÉCNICO ELECTRÓNICO. LUGO


    REF1912FV - INGENIERO/A ESPECIALISTA EN SOLAR FV. MADRID


    REF2001NED – SOPORTE TÉCNICO DE AEROGENERADORES


    REF2001FAC - OPERARIO ELÉCTRICO-ELECTRÓNICO. VILALBA