xoves, 4 de abril de 2019

CAMPAMENTOS DE VERÁN DISCAPACIDADE


Campamentos de verán para persoas con discapacidade 03 Abr 2019


Campamentos de verán para persoas con discapacidade


A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade.

Os campamentos de verán duran 10 días.

Datas e lugares:

Que necesitas para participar nos campamentos de verán para persoas con discapacidade?
- Ter un certificado de discapacidade de grao 33% ou máis.
- Ter 11 anos ou máis.
- Non pasar dos 40 anos.
- Estar empadroado nun Concello de Galicia.
- Seguir as normas de convivencia do campamento.
- Poder comunicarte coas persoas no campamento.
- Poder participar nas actividades do campamento.
- Poder moverte só no campamento.
- Non podes ter unha enfermidade contaxiosa.

Cando debes solicitar os campamentos de verán para persoas con discapacidade? 

Podes presentar a solicitude ata o día 3 de maio de 2019.

Para solicitar os campamentos tes que entregar os seguintes documentos:
- Ficha de solicitude.
- Informe médico
- Se a túa familia é unha familia numerosa podes entregar a fotocopia do Certificado de Familia Numerosa.
- Se tes carné xove podes entregar a fotocopia do carné xove.

A Ficha de solicitude e o Informe médico están na páxina web da Consellería de Política Social.

Para máis información: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal
Teléfonos:
981 54 74 37
981 54 67 37
981 54 46 40

Podes pedir información xeral sobre os campamentos no teléfono social: 900 333 666. Este teléfono é gratis.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2019

Ningún comentario:

Publicar un comentario