martes, 9 de abril de 2019

OFERTA EMPREGO PRIVADO. VALDOVIÑO A 40 minutos de Muras

O cámping da Lagoa reabrirá a finais de maio ou principios de xuño, o Concello de Valdoviño adxudicou a xestión destas instalacións á unión temporal de empresas (UTE) formada por Viaxes Narón S. L., Servizos e Proxectos de Valdoviño, e Eliseo Carballeira. Os baños, a cafetería e o restaurante foron demolidos e as obras de construción das novas dependencias aínda están en marcha. O cámping ocupa un terreo de 9.500 metros cadrados, repartidos en 73 parcelas para autocaravanas ou tendas con espazo para vehículo, e unha área destinada á acampada libre, co que suma 89 prazas.

Os adxudicatarios da xestión do cámping municipal de Valdoviño -a concesión é por un período de dez anos, cun canon anual de 18.000 euros- abriron o proceso de selección de persoal. As instalacións funcionarán ao longo de todo o ano -será o único cámping público entre Viveiro e Ferrol que opere os 365 días-, con cafetería e restaurante abertos a todo o público. A UTE busca traballadores para recepción, vixilancia, xardinería, mantemento e limpeza, ademais do bar e o restaurante (camareiros e cociñeiros). 
Prevén contratar entre oito e nove persoas para a tempada estival, e manter a tres durante o resto do ano. Ao correo info@campingalagoa.com pódense enviar xa os currículos dos interesados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario