mércores, 24 de abril de 2019

PROGRAMA EMPRURAL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unha nova edición do programa de empredemento no rural Emprural, que ten por obxecto facilitar á mocidade galega a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais mediante o aproveitamento das oportunidades que ofrecen estas zonas. A iniciativa inclúe a realización de prácticas formativas en empresas durante un máximo de 3 meses.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase na páxina web de Xuventude desde o vindeiro mércores, día 24, ata o 8 de maio e o número de prazas é de 50. As persoas destinatarias son mozas e mozos de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

Emprural está orientado especialmente ao emprendemento e autoemprego da xuventude no medio rural, o que converte a este sector da poboación no maior activo para o desenvolvemento local. O programa ofrece ás persoas participantes asesoramento e acompañamento profesional no proceso de elaboración e materialización das súas propostas de negocio e actividade, axuda persoal e social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario