De conformidade co decreto de Alcaldía número 2019-0344 de data 29 de marzo de 2019, faise pública a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Cervo para postos de traballo na categoría de peóns para o grupo municipal de emerxencias supramunicipal (GES). A convocatoria e as bases aprobadas están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e na súa páxina web: www.concellodecervo.com O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación no BOP, é dicir, ata o 29 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario