venres, 12 de abril de 2019

OFERTA EMPREGO PÚBLICO. BEGONTE

Anuncio: CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL. 
1 PEÓN TRACTORISTA
8 MESES
Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais. Ata o luns 15

Por Resolución desta Alcaldía de data 2 de abril de 2019, aprobáronse as bases que rexerán a selección - en réxime laboral temporal polo prazo de 8 meses e xornada parcial do 75% - mediante concurso – oposición de 1 posto de Peón Tractorista para a Brigada Municipal de Obras e Servizos. As devanditas bases están a disposición dos interesados na páxina web do Concello (www.concellodebegonte.es) e no Taboleiro de anuncios, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais a contar desde a publicación deste anuncio no “ Boletín Oficial da Provincia”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario